Baltasar

Baltasar
[RELIX]

Nome dun dos tres Reis Magos de Oriente que, segundo relata o Evanxeo de san Mateo, acudiron a Belén de Xudea para renderlle homenaxe ao neno Xesús na súa condición de Rei dos xudeus. Un rei mouro aparece representado na iconografía con vestiduras e atributos propiamente orientais, portando un copón onde se contén o seu agasallo ao neonato: a mirra, interpretada como o destino do Cristo de morrer para a Redención dos homes. Non obstante , non aparece na arte cristiá ata as representacións baixomedievais, posto que a cor negra era considerada como a cor do demo, do inferno e da morte. Na simboloxía cristiá representa a figura do anticristo. Nun retablo do s XVI da Catedral de Viseu, o mago mouro aparece substituído por un xefe indio do Brasil como símbolo de América. A súa festa celébrase o 6 de xaneiro.