"Bama" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do S dos EE UU (133.915 km2; 4.273.084 h [estim 1996]). A capital é Montgomery. Os altiplanos do Cumberland e do Piedmont, separados polo Great Valley apalachián, flanquean o estado polo NL. O resto forma parte da chaira litoral do Golfo de México, accidentada de L a O por unha serie de outeiros (Blak Belt, Red Hills). O río Tennessee drena a rexión N; o Alabama drena a rexión central e o SO, e vai xuntarse co Tombigbee para formar o Mobile. Foi chamado o estado do algodón, aínda que hoxe en día os cereais, as patacas, a horta e a gandería fixeron diminuír a súa importancia relativa. As industrias máis importantes son a química, a téxtil, a metalúrxica e a alimentaria. Destacan as cidades de Birmingham, Mobile, Montgomery, Huntsville e Tuscaloosa. O territorio de Alabama foi explorado polos españois en 1540 e formou parte de Luisiana. En 1763, tralo Tratado de París, pasou á soberanía británica ata 1883, cando trala independencia das Trece Colonias tivo que ceder o N aos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito entre os EE UU e o Reino Unido durante a Guerra de Secesión estadounidense. O motivo foi a construción e reparación na Gran Bretaña de diversos barcos de guerra para os confederados, que logo destruíron barcos mercantes nordistas. Ao remate da guerra, un tribunal internacional condenou (1872) o Reino Unido a pagar unha forte indemnización por ter violado as normas da neutralidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Santiago que abrangue as seguintes parroquias: Bama (Touro); Loureda (Boqueixón); Gándara e Vilarromariz (Oroso); Arca, Budiño, Castrofeito, Pereira e O Pino (O Pino); Bando, Barciela, Berdía, Busto, Carballal, Cesar, Enfesta, Marantes, Nemezo e Sabugueira (Santiago de Compostela).
-
CAPITAIS
Capital de Mali, que constitúe unha rexión administrativa, á beira do río Níxer (252 km2; 913.000 h [estim 1995]). A súa orixe atópase no forte construído en 1882 polo xeneral francés Borgnis-Desbordes. A cidade foi sede de diferentes conferencias: a celebrada en 1946 deu lugar á creación do Rassemblement Démocratique Africain (Unión Democrátia Africana), formación que engloba a numerosos partidos dos territorios ingleses e franceses colonizados. En setembro de 1957 constituíuse unha federación francoafricana presidida por Houphouët-Boigny. En setembro de 1958 os representantes das que serían as repúblicas de Benin, Burkina Faso, Senegal e Sudán, estudiaron as posibilidades de crear unha federación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modo indirecto da cuarta figura do siloxismo da lóxica aristotélico-escolástica, no que as premisas son universais afirmativas e a conclusión particular afirmativa. Un exemplo deste xeito de trasposición das premisas para a súa conversión accidental en conclusión pode ser: “Se todos os humanos son animais / e todos os animais son mortais, / entón algúns mortais son humanos”. SIN: baralipton.
-
VER O DETALLE DO TERMO
+ -ato ‘sal’)
-
VER O DETALLE DO TERMO
+ (benzodi)azepina)
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tranquilizante que se emprega en terapéutica. Produce unha acción antagónica á acción compulsiva da estricnina e do pentilenetetrazol.
-
PERSOEIRO
Político demócrata norteamericano e actual presidente dos Estados Unidos de América. Graduado pola Universidade de Columbia e pola escola de dereito de Harvard, antes de ser elixido senador no estado de Illinois en 1997, traballou como avogado de dereitos civís. Tamén impartiu clases de dereito constitucional na escola universitaria de dereito de Chicago dende o ano 1992 ata o 2004, cando presentou a candidatura ao Senado dos Estados Unidos. Entre xaneiro de 2005 e novembro de 2008 foi senador polo estado de Illinois, posto ao que renunciou para adicarse á campaña presidencial. Tras unha campaña axustada nas eleccións primarias de 2008 contra Hillary Clinton, gañou a candidatura polo Partido Demócrata, converténdose no primeiro candidato afroamericano dun dos grandes partidos estadounidenses. Nas eleccións de novembro de 2008 converteuse no cuadraxésimo cuarto presidente dos Estados Unidos de América derrotando ao candidato republicano John McCain e asumindo o cargo o 20 de xaneiro de 2009.
VER O DETALLE DO TERMO