"Barbanza" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • CUMIOS

    Cumio da serra homónima, na parroquia de Lesón (concello da Pobra do Caramiñal). Ten 652 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente meridional da península do mesmo nome. Nace da confluencia de varios regos no lugar de Brañas de Pardos, na parroquia de Cures (concello de Boiro), a 540 m de altitude. Logo dun treito inicial caracterizado por transitar no medio de brañas, penetra na parroquia de Lesón, do concello da Pobra do Caramiñal, por onde discorre nun principio encaixado, formando un canón de paredes moi escarpadas escavado sobre granitos de dúas micas de gran medio. Logo de salvar un desnivel do 12%, no lugar de Pousadoiro únese co río Pedras, e a partir de aí vira a dirección N-S, que mantivera dende o seu nacemento, para adoptar un curso en sentido NO-SL. Logo dun percorrido de 12 km, desemboca na ría de Arousa, na enseada da Mercede ou da Pobra do Caramiñal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca do litoral occidental de Galicia. Esténdese pola marxe setentrional da ría de Arousa, ocupando o S da península do Barbanza. Limita polo N e polo O coa comarca de Noia (concellos de Lousame e Porto do Son), polo NL coa do Sar (concello de Dodro) e co treito final do río Ulla, que marca a fronteira coa comarca de Caldas (concello de Catoira) e polo S e O co Océano Atlántico na ría de Arousa. Ocupa unha superficie de 244 km2 nos que acolle unha poboación de 66.487 h (1998), distribuídos entre os concellos de Boiro (17.845 h repartidos en 8 parroquias), Pobra do Caramiñal (10.082 h en 4 parroquias), Rianxo (12.147 h en 6 parroquias) e Ribeira (26.413 h en 9 parroquias); resultando unha densidade de 274 h/km2. A rede viaria principal estrutúrase por medio de dous eixos que discorren paralelos ao litoral. Un é a estrada comarcal C-550 que penetra na comarca procedente de Padrón e, despois de percorrer o N do concello de Rianxo e atravesar Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico quincenal que saía do prelo en Noia en febreiro de 1988. Desapareceu despois do número 42, no mes de decembro de 1989. Publicado pola Asociación Cultural Barbanza, figuraba como directora Socorro Santos Lorenzo, como redactor-xefe Xosé Agrelo Hermo e a redacción estaba a cargo de Gloria Díez Fernández, Antón Avilés Vinagre e Manuel Mª Pena. Nas súas páxinas atopábanse artigos de historia, arte, literatura, cultura e política. Algunhas das seccións fixas eran “Páxina literaria” e “Recanto da Historia”; entre estas seccións habituais había unha destacable, “Pecata Minuta”, firmada por Pepe da Roca, na que o periodista lanzaba afiadas críticas contra feitos da actualidade. Os números de 1989 tiñan máis contidos políticos, amais de novas nacionais e internacionais, aínda que a cultura tivo tamén o seu papel importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada na parroquia de Cures (Boiro), é o dolmen de maiores dimensións do Barbanza. Conserva restos da mámoa, podéndose apreciar fragmentos da coiraza. A cámara, de planta poligonal, está formada por seis chantas, aínda que falta a da cabeceira, e a tampa, que está lixeiramente desprazada. O corredor, de forma triangular e de dous tramos, conserva catro laxes e dúas lousas. Polas características conservadas debe pertencer á fase de apoxeo do Megalitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península do litoral occidental de Galicia situada entre as rías de Arousa, ao S, e de Muros e Noia ao N. Está constituída basicamente por rochas graníticas de diferentes tipos e xistos, principalmente hercínicas e tardihercínicas. Administrativamente está dividida nos concellos de Noia, Lousame, Rianxo, Boiro, o Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñación montañosa da península do mesmo nome. Elevada sobre rochas graníticas, o seu eixo esténdese polas parroquias de Xuño (concello do Porto do Son), Lesón (A Pobra do Caramiñal) e Oleiros (Ribeira). As máximas altitudes correspóndense cos 620 m do cume dos Forcados, no límite entre as parroquias mencionadas, e cos 652 do monte Barbanza, na parroquia de Lesón.

    VER O DETALLE DO TERMO