"Barcala" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
RIOS
Río afluente do Tambre pola dereita. Nace a 320 m de altitude na divisoria das concas do Xallas e do Tambre, na parroquia de Fontecada (concello de Santa Comba). O seu curso adopta unha dirección NO-SL, atravesando o SO do concello da Baña e afondando sobre unha base litolóxica composta fundamentalmente por xistos. Chega ao concello de Negreira, onde desemboca na veiga do Cotón, deixando a capital municipal á súa esquerda e achegando un caudal de 4,2m3/s, logo dun percorrido de 19 km. A súa conca abrangue unha superficie de 98,5 km2, e entre os seus principais afluentes destaca o río Albariña ou da Baña. O val deste río constitúe o elemento físico definitorio da comarca homónima.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Barco.
-
Liñaxe natural de Lugo. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Barcal e Barcaleta. As súas armas levan, en campo de azul, un barcal ou vasilla de madeira.
-
-
-
PERSOEIRO
Actriz. Iniciou a súa carreira profesional coa Compañía Teatro da Mari-Gaila, participando en espectáculos como O agnus dei dunha nai (1980), Ensaio festivo para unha marcha fúnebre (1981), Acto cultural (1982) e A noite das tríbades (1983). Formou parte do elenco artístico do primeiro espectáculo do Centro Dramático Galego, Woyzeck (1984), e durante 1985 integrouse na compañía madrileña Guirigai. De regreso a Galicia participou na creación da compañía Teatro do Atlántico coa que realizou espectáculos como A marabillosa historia de Marly, vampira de Vila de Cruces (1986), Quartett (1987), Liberdade Brenana (1989), Historia de Neera (1990), Non se chora (1993), Tolos de amor (1995), Casa de Bonecas (1995) ou Vellos tempos (1998). Co Teatro do Noroeste...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca occidental da comunidade autónoma, asentada sobre o val do río homónimo. Esténdese aproximadamente desde os 42° 45’ aos 43° 05’ de latitude N e desde os 8° 50’ aos 9° 05’ de lonxitude O. Limita ao N coa comarca do Xallas (concello de Santa Comba) e coa de Santiago (concello do Val do Dubra), ao L coa do Xallas (Mazaricos) e coa de Noia (Outes), ao S coas de Noia (Noia) e Santiago (Brión) e ao O coa de Santiago (Brión e Ames). A súa poboación total é de 12.173 h (1998). Abrangue unha superficie de 213,11 km2, o que supón unha densidade de poboación de 59,65 h/km2(inferior á media galega de 93,5 hab/km2). Intégrana só dous concellos: A Baña (98 km2; 5.578 h) e Negreira (115,11 km2; 6.595 h). A vila de Negreira é a rectora da comarca, un dos tradicionais centros de mercado que organiza o sistema rural de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O río Tambre, no seu treito inferior, artella un territorio ondulado no que... -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado probablemente no concello da Estrada, aínda que non é segura a súa existencia. Está mencionado nun documento real de Vermudo III do ano 1032, no que o Rei fai unha lista das vilas e mosteiros que foron doados ao bispo Vistruario, sen especificar os topónimos que se refiren ás vilas e aqueles que se refiren aos mosteiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Freguesía da parroquia de Barcala, concello da Estrada. Un documento do Rei Fruela II datado no ano 924 amosa a existencia dunha vila na época altomedieval. A igrexa, do último cuarto do s XII, conserva da primitiva fábrica románica a ábsida de planta rectangular, o arco triunfal dobrado e apuntado que, de igual modo que un arco faixón, está sostido por columnas con capiteis de follas planas e bólas. No exterior ábrese una fiestra no testeiro con dúas columniñas que levan, á súa vez, uns capiteis vexetais de ascendencia compostelá. A arquivolta está decorada con bólas.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Santa Comba na década de 1990. Estaba dirixida por Xosé Manuel Lema e integrada no Grupo Líder. Primeiro foi editada coa cabeceira O Tambre-Xallas, para pasar a denominarse El Periódico de Xallas, A Barcala e Santiago, pero a partir de 1998 adoptou a de El Confidencial de Xallas-A Barcala. Incluíu información de carácter municipal, cultural e de sociedade de Ames, Braña, Brión, Mazaricos, Santa Comba e Tordoia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual editada en Negreira entre agosto de 1933 e maio de 1935 (nº 22). Dirixida por Manuel Riveiro, foi Voceiro da Federación Agropecuaria do Distrito de Negreira Dentro do galeguismo progresista, defendeu a autonomía e reivindicou as sociedades agrarias e os sindicatos agrícolas.
VER O DETALLE DO TERMO