Barcala, Santa Mariña de

Barcala, Santa Mariña de

Freguesía da parroquia de Barcala, concello da Estrada. Un documento do Rei Fruela II datado no ano 924 amosa a existencia dunha vila na época altomedieval. A igrexa, do último cuarto do s XII, conserva da primitiva fábrica románica a ábsida de planta rectangular, o arco triunfal dobrado e apuntado que, de igual modo que un arco faixón, está sostido por columnas con capiteis de follas planas e bólas. No exterior ábrese una fiestra no testeiro con dúas columniñas que levan, á súa vez, uns capiteis vexetais de ascendencia compostelá. A arquivolta está decorada con bólas.