"Barito" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • oz cun timbre próximo ao de barítono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da illa de Borneo, Indonesia. Nace na cadea montañosa central da illa, e desemboca no mar de Xava, preto de Bandjarmasin, logo dun percorrido duns 900 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato de calcio e bario, de fórmula BaCa(CO3)2. Cristaliza no sistema monoclínico; os cristais son pequenos, prismáticos, a miúdo reunidos en drusas ou en agregados bacilares. É translúcida, de cor branca ou amarela, de boa exfoliación e brillo vítreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. En grego, aplícase a unha palabra que leva o acento grave sobre a vogal final, ou que ten a última sílaba átona.

      1. Cantante de voz masculina, máis grave ca a do tenor e menos ca a do baixo, dunha extensión aproximada entre o sol 1 e o sol 3.

      2. Nunha familia de instrumentos de vento, instrumento que pola súa afinación ou extensión ocupa o lugar correspondente ou semellante ao do barítono entre as voces humanas.

      3. Nos países xermánicos, refírese ao bombardino, chamado tamén euphonium.

      4. En certos países de área cultural anglosaxona, instrumento tenor da familia do bugle. Equivale ao tenorhorn xermánico.

      5. Instrumento cordófono, da familia dos laúdes, con cordal (corda fregada), variante grave da viola de amor, creada en Alemaña no s XVII e que caeu en desuso a mediados do s XIX. En Italia recibiu o nome de viola di bordone. Cunhas dimensións semellantes ás do violonchelo, ten seis ou sete cordas melódicas de tripa e un número variable de cordas metálicas que resoan por simpatía (ou son tocadas en pizzicato).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pneumoconiose provocada pola inhalación de po de sulfato de bario.

    VER O DETALLE DO TERMO