baritocalcita
baritocalcita
(< bario + calcita)
s
f
[MINERAL]
Carbonato de calcio e bario, de fórmula BaCa(CO3)2. Cristaliza no sistema monoclínico; os cristais son pequenos, prismáticos, a miúdo reunidos en drusas ou en agregados bacilares. É translúcida, de cor branca ou amarela, de boa exfoliación e brillo vítreo.