barítono -na

barítono -na

(< lat barytonu < grβαρύτονος < grβαρύς ‘pesado’ + τόνος ‘tonda voz’)

  1. adx [LING]

    En grego, aplícase a unha palabra que leva o acento grave sobre a vogal final, ou que ten a última sílaba átona.

  2. s m [MÚS]
    1. Cantante de voz masculina, máis grave ca a do tenor e menos ca a do baixo, dunha extensión aproximada entre o sol 1 e o sol 3.

      Ex: Por problemas de última hora, precisaban dous barítonos para a estrea da ópera.

    2. Nunha familia de instrumentos de vento, instrumento que pola súa afinación ou extensión ocupa o lugar correspondente ou semellante ao do barítono entre as voces humanas.

      Ex: Colleu o saxofón barítono e comezou a tocar ante o abraio dos que se paraban a escoitalo.

    3. Nos países xermánicos, refírese ao bombardino, chamado tamén euphonium.

    4. En certos países de área cultural anglosaxona, instrumento tenor da familia do bugle. Equivale ao tenorhorn xermánico.

    5. Instrumento cordófono, da familia dos laúdes, con cordal (corda fregada), variante grave da viola de amor, creada en Alemaña no s XVII e que caeu en desuso a mediados do s XIX. En Italia recibiu o nome de viola di bordone. Cunhas dimensións semellantes ás do violonchelo, ten seis ou sete cordas melódicas de tripa e un número variable de cordas metálicas que resoan por simpatía (ou son tocadas en pizzicato).

      Ex: A semana pasada fomos ó Museo do Pobo Galego e vimos un barítono en perfecto estado de conservación.

Palabras veciñas

baritina | Barito | baritocalcita | barítono -na | baritose | Barizo | Barja