"Barros" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 50.
-
GALICIA
Escritor e militar. Baixo o pseudónimo de Prisco, publicou unha serie de xenealoxías no xornal La Integridad (1888) que posteriormente foron recollidas no volume titulado Casas solariegas de Galicia. Apuntes genealógicos (1889). Publicou Fragmentos de Historia de Galicia (1900); Poesías inéditas del Padre Feijóo (1901). Dentro da súa produción poética destaca o seu poema en galego “Na morte de Alberte García Ferreiro” (1902). Tamén é autor dos relatos O dito d’un parvo (1898) e Derrepica (1900), publicados en El Eco de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Barreiro.
-
Liñaxe galega, oriúnda de Portugal. Estableceuse en Tui, Porriño, Amil (Moraña), San Pedro de Tenorio (Pontevedra), Cotobade, Canedo (Ponteareas), Lugo, Ribadeo, Quintela, Paradela e San Cibrao de Bribes. Espallouse tamén por Santander, Navarra ou Segovia e houbo ramas que chegaron, mesmo, a Chile, Arxentina, Perú e o Novo Reino de Granada. Os Barros das casas de Salvaterra de Miño e de Canedo proceden de Braga, namentres que os de Chile proceden dos de Tui. Os de San Pedro de Tenorio traen, en campo de azul, tres bandas de ouro, cargadas cada unha de tres estrelas de azul. Os de Amil e os de Ribadeo levan, en campo de goles, tres faixas de prata, cargada cada unha delas de tres estrelas de azul. Outros reseñan este mesmo escudo con esmaltes diferentes: en campo de azul, tres faixas de ouro, cargada cada unha de tres estrelas de azul.
-
-
PERSOEIRO
Ilustradora. Licenciada en Belas Artes pola Facultat de Belles Arts de Barcelona. Entre as súas producións destacan: O gato de la (1995), Pedro e as nubes (1996), A porta dourada, (1998), O xenio do Sultán (1998) e O reino de Mamoranguá (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Estudiou Filosofía no Seminario de Tui. Comezou a súa carreira xornalística en La Integridad de Tui para continuala no Uruguay, onde emigrou en 1910. Alí ingresou na redacción e, posteriormente, dirixiu El diario Español e fundou El Eco de España (1912). Colaborou en distintos xornais e publicacións (La Razón, Tierra Gallega, Revista de las Españas, etc). Participou de xeito moi activo na fundación da Casa de Galicia de Montevideo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Profesor de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse no estudo das mentalidades e das identidades colectivas no mundo medieval, tema sobre o que realizou a súa tese de doutoramento Mentalidad y revuelta en la Galicia irmandiña, favorables y contrarios (1989) e, posteriormente, elaborou numerosos traballos, entre os que cómpre salientar: A mentalidade xusticieira dos Irmandiños (1988), traducida ao español en 1990, ou Viva El-Rei!: ensaios medievais (1996). Tamén se preocupou polo Ascenso e caída do Mariscal de Pardo de Cela, traballo que foi galardoado co Premio de Investigación Antón Losada Diéguez en 1988. Así mesmo, traballou sobre a recuperación do suxeito social dende unha perspectiva historiográfica, especialidade sobre a que publicou o libro Historiografía fin de siglo (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. En 1981 sumouse ao movemento que derrocou o Presidente Balmaceda. Foi Presidente da República entre 1910-1915 e durante o seu mandato integrou xunto con Arxentina e Brasil un bloque, chamado ABC, que pretendía contrarrestar a influencia dos EE UU.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director do xornal liberal Progreso, editado en Pontevedra. Substituíu no cargo a Isidro Buceta, o seu fundador. Foi encarcerado en 1905 cando traballaba como tipógrafo e exercía como presidente da Asociación Tipográfica de Vigo. Durante a Primeira Guerra Mundial, amosouse partidario dos aliados. Formou parte do directorio do Partido Reformista en Pontevedra, seguindo a súa ideoloxía moderada dentro do agrarismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante. Colaborou en diversas revistas e xornais. Foi asesor artístico do concello da Coruña. Membro da Real Academia de Belas Artes da Coruña, en 1962 ingresou na Real Academia Galega cun discurso titulado: “Breves divagaciones sobre el arte en relación con algunos pueblos y épocas de la antigüedad que lo crearon”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante, cartelista e deseñador. Ao ser delineante municipal traballou moitos anos como organizador das carrozas e das escenografías no teatro da Farándula. Ademais realizou numerosos carteis de festas da cidade nas dúas primeiras décadas do século XX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, poeta e dramaturgo. Estudiou Maxisterio en Santiago de Compostela e, posteriormente, licenciouse en Belas Artes pola Escola Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1957). Foi catedrático de Debuxo e Expresión Plástica na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB da Coruña (1962-1972). Membro correspondente da Real Academia Galega da Lingua (26.3.1980). Discípulo de Bello Piñeiro, parte dunha tendencia realista cara a unha pintura expresionista ao beber da obra Van Gogh ou Rouault, entre outros. Froito deste achegamento, é o reflexo na súa pintura da dor humana e a soidade en obras como El aparecido (1952) ou Autorretrato (1960). Na primeira metade da década dos sesenta, a súa obra acadou un maior formato e dinamismo con ritmos circulares e con alusións a temas e personaxes literarios e mitolóxicos (Diógenes, 1965; Prometeo encadenado 1965?), para logo iniciar un proceso de composición que o levou a traballar simultaneamente...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e poeta. Exerceu a súa actividade no semanario O Novo Galiciano e nalgúns xornais de carácter local. A súa obra aparece recollida no volume Ventureiras (1909). Tamén se lle atribúe a obra Fabas e Castañas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de Ensino Primario e político socialista, diplomado en Maxisterio e licenciado en Ciencias Políticas. Foi tenente de alcalde responsable de Educación na primeira corporación democrática viguesa (1979-1983) e deputado provincial. No ano 1981 foi elixido parlamentario na primeira lexislatura autonómica, cargo que renovou por tres veces consecutivas ata 1992, cando causou baixa. É autor de Discurso e tempo, publicado en "A Nosa Terra". En 2009 foi Premio da Crítica de Galicia pola obra Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, arqueólogo e ocasionalmente poeta. Realizou algúns traballos relevantes no marco dos estudios de Prehistoria e Arqueoloxía do século XIX, entre os que se deben mencionar Galicia monumental, geográfica, estadística, histórica, eclesiástica y civil (1859), Apuntes arqueológicos de Galicia. El monte Medulio (1863) e, principalmente, Antigüedades de Galicia (1875). En 1883 presentou o Dicionario epigráfico de arqueología y numismática, pero non se publicou. En relación con esta actividade pertenceu, como membro correspondente, á Real Academia da Historia de Madrid e á das Ciencias de Lisboa. En canto ao ámbito dos medios de comunicación, foi director e propietario de El Eco Coruñés (1865). A súa actividade literaria redúcese a tres composicións poéticas, a elexía romántica “Desdichas do meu amor”, recollida no Álbum de la Caridad, o poema longo “Un día de desfortuna”, aparecido en La Perseverancia en 1859 e...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Franciscano. Foi profesor de Moral en Toro, Oviedo, A Coruña e na Universidade de Santiago de Compostela. Desempeñou diversos cargos en Benavente e Santiago de Compostela e foi procurador xeral da orde en Roma. Publicou Postulatio facta Sanctissimo Domino nostro Benedicto papae XIV (1751) e Ven. P. et Doct. Joan. Duns Scoti Ordinis Minorum, Theologi eminentissimi, atque Academiae Subtilium antesignani (1754), entre outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico brasileiro. Foi tamén guionista, asistente de dirección e actor ocasional. Un dos seus filmes máis coñecidos é Osso, amor e papagaio, codirixido por César Memolo en 1956, unha sátira baseada na obra de Lima Barreto. Realizou tamén O mundo alegre de Helô (1966), Jerry, a gran parada (1967), As alegres vigaristas (1974) e Un marido contagiante (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aparellador. Traballou na Catedral de Santiago de Compostela en 1670 na construción da torre das campás.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, ensaísta e novelista portugués. Como historiador, valorou a importancia da xeografía económica e fixo un esforzo relativizador da civilización europea. Escribiu Rhopica Pnefma, obra de influencia erasmista onde discutiu a escolástica, desenmascarando o comportamento dos clérigos e desmitificando a nobreza. É autor dunha obra moi extensa, as Décadas (1552-1553 e 1563), na que analiza a expansión portuguesa cara a Oriente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico portugués. Trátase dun dos directores portugueses máis recoñecidos. Traballou nos seus filmes o melodrama social e as narracións históricas. Dirixiu Mal de Espanha (1918), Maria do Mar (1930), Maria Papoila (1942), Inés de Castro (1945) e Vendaval maravilhoso (1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre canteiro. Veciño de Vilagarcía de Arousa, foi probablemente mestre da igrexa de San Salvador de Soutomaior (1576). En 1581 traballou en Padrón nas remodelacións da porta e ponte de Fondo de Vila e na porta do Concello.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico brasileiro. Posúe unha ampla filmografía composta por filmes musicais, comedias e documentais. Foi o pioneiro do cine sonoro en Brasil coa realización de Acabaram-se os otários (1929). Dirixiu, entre outras moitas películas, Perdida (1915), Amor e boemia (1918), A capital federal (1923), Messalina (1930), Carioca maravilhosa (1935), Berlim na batucada (1944), Era uma vez um vagabundo (1952), Um pirata do outro mundo (1957), Por um céu de liberdade (1961) e Ele, ela, quem? (1977).
VER O DETALLE DO TERMO