"Baviera" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 14.
-
ENTRADA LARGA
Land de Alemaña limitado ao N por Turinxia, ao L pola República Checa, ao SL e o S por Austria, ao O por Baden-Wütemberg e ao NL por Hessen (70.548 km2; 12.066.375 h [estim 1998]). A súa capital é Múnic.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Baviera comprende tres grandes rexións naturais, limitadas no L por unha orla montañosa (selva de Franconia, Fichtelgebirge, selva do Alto Palatinado, selva de Baviera). A rexión alpina comprende o Allgäu e os Prealpes de Baviera. Máis ao N, ata o val do Danubio, esténdese o altiplano suabio-bavarés, área inmediata aos Alpes. Pasado o Danubio, o país está ocupado pola conca franco-suabia, que se estende ata o macizo de Bohemia. Os ríos pertencen a dúas concas, a do Rin e a do Danubio, e na área prealpina hai numerosos lagos. A mediados do s XIX Baviera era un estado eminentemente agrario, onde este sector ocupaba as dúas terceiras partes da poboación, mentres que cara a finais da década de 1990 ocupaba... -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que é coñecida a liñaxe dos Wittelsbach desde o ano 1180, cando o conde palatino Otón V de Wittelsbach se converteu en Duque de Baviera (Otón I).
-
MONTAÑA
Aliñación montañosa do sueste de Alemaña. Esténdese entre as cidades de Ratisbona e Passau, e entre os ríos Danubio e Regen, que a separan da selva de Bohemia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Saxonia (1142-1178) e de Baviera (1156-1181), fillo de Enrique XI o Soberbio de Saxonia. Perdeu o dereito á herdanza do seu pai, pero o Emperador Conrado III concedeulle o ducado de Saxonia, que gobernou como un Estado independente, á vez que o estendeu cara ao L sobre os territorios dos eslavos. Enfrontouse cos duques Alberte I de Brandenburgo o Oso e Adolfo de Holstein. Fundou, entre outras cidades, Brunswick, e impulsou o crecemento de Hamburgo. Coa cesión do ducado de Baviera polo Emperador Federico I Barbarrubia ampliou os seus territorios e fundou Múnic (1158). Casou con Matilde, filla do Rei Enrique II de Inglaterra (1168). Negoulle a súa axuda na campaña de Italia ao emperador (1176), quen o proscribiu e lle quitou os seus territorios (1180). Malia que houbo unha reconciliación posterior en Erfurt (1181), refuxiouse na corte do seu sogro. Trala marcha do emperador á cruzada, sublevouse para recuperar os seus territorios (1189) e posteriormente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Baviera (1825-1848), fillo de Maximiliano I Xosé. Mantivo unha política liberal que se modificou cara a posicións reaccionarias. Apoiou o desenvolvemento da cultura e acadou importantes melloras na economía. Namorouse da bailarina e actriz Lola Montes o que provocou o descontento popular e o obrigou a abdicar no seu fillo Maximiliano II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Baviera (1864-1886), fillo de Maximiliano II e de María de Prusia. Apoiou a Austria durante a Guerra Austro-prusiana (1866), pero aliouse con Prusia na Guerra Franco-prusiana (1870-1871) e aceptou a incorporación de Baviera ao novo Imperio Alemán baixo o cetro dos Hohenzollern (1871). O movemento da Kulturkampf dificultou a relación cos seus súbditos, maioritariamente católicos. Foi mecenas da arte e da música, e apoiou economicamente a Richard Wagner nos comezos da súa carreira. Ordenou a construción de diversos castelos en Herrenchiemsee, Neuschwanstein e Linderhof. Foi incapacitado mentalmente para gobernar en 1886 e o seu tío Leopoldo foi nomeado rexente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Baviera (1913-1918). Sucedeu o seu pai Leopoldo de Baviera na rexencia do estado e, a consecuencia da demencia do monarca foi proclamado rei. Despois da Revolta de Baviera (1918) que culminou na proclamación da república, abandonou o trono.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque (1597-1623) e elector de Baviera (1623-1651). Organizou a Liga Católica (1609) e derrotou a Federico V do Palatinado (Montaña Branca, 1620), o que lle permitiu anexionar o Palatinado aos seus dominios (1622) e recibir do Emperador Fernando II a dignidade de elector de Baviera (1623).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe elector desde 1799, primeiro rei de Baviera (1806-1825) e duque de Zweibrucken (1795). Cedeulle a Francia as posesións da beira esquerda do Rin a cambio do recoñecemento por Napoleón Bonaparte do seu título de rei (1806). O Congreso de Viena ratificoulle o seu título ao renunciar aos territorios anexionados durante a súa alianza con Napoleón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Elector de Baviera (1679-1726). Despois da morte do seu fillo Xosé Fernando en 1699, designado herdeiro de Carlos II, aliouse con Luís XIV de Francia na Guerra de Sucesión Española (1702-1714). Desposuído dos seus estados trala Batalla de Blenheim (1704), recobrounos polos tratados de Rastadt (1714) e Baden (1715).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Baviera (1848-1864), fillo de Luís I. Ocupou o trono trala abdicación do seu pai e opúxose á unidade de Alemaña baixo o liderado de Prusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe elector de Baviera (1745-1777), fillo e sucesor de Carlos Alberte VIII. En 1745 renunciou á coroa imperial polo Tratado de Füssen e, ao morrer sen fillos, desencadeouse a Guerra de Sucesión de Baviera (1777-1779).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Baviera (1180-1183). Coñecido como Odón de Wittelsbach, Federico I Barbarrubia nomeouno conselleiro persoal e dooulle o Ducado de Baviera. Os seus descendentes reinaron ata 1918.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre xermánico. Duque de Baviera (748-788), fillo e sucesor do duque Odilón I. Casado con Liuberga, filla do rei longobardo Desiderio, en 764 tentou liberar da vasalaxe aos reis francos e retirouse do exército de Pipino I o Breve dirixido contra os aquitanos. En 788 Carlomagno apresouno e a Dieta de Ingelheim condenouno a morte por traidor, pero foi indultado.
VER O DETALLE DO TERMO