Enrique XII de Baviera o León

Enrique XII de Baviera o León

Duque de Saxonia (1142-1178) e de Baviera (1156-1181), fillo de Enrique XI o Soberbio de Saxonia. Perdeu o dereito á herdanza do seu pai, pero o Emperador Conrado III concedeulle o ducado de Saxonia, que gobernou como un Estado independente, á vez que o estendeu cara ao L sobre os territorios dos eslavos. Enfrontouse cos duques Alberte I de Brandenburgo o Oso e Adolfo de Holstein. Fundou, entre outras cidades, Brunswick, e impulsou o crecemento de Hamburgo. Coa cesión do ducado de Baviera polo Emperador Federico I Barbarrubia ampliou os seus territorios e fundou Múnic (1158). Casou con Matilde, filla do Rei Enrique II de Inglaterra (1168). Negoulle a súa axuda na campaña de Italia ao emperador (1176), quen o proscribiu e lle quitou os seus territorios (1180). Malia que houbo unha reconciliación posterior en Erfurt (1181), refuxiouse na corte do seu sogro. Trala marcha do emperador á cruzada, sublevouse para recuperar os seus territorios (1189) e posteriormente reconciliouse co seu sucesor.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ravensburg, Suabia

  • Deceso

    Lugar : Brunswick