"Baxkiria" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • REPUBLICAS

    República Autónoma de Rusia que se estende polas estribacións occidentais dos Urais meridionais (143.600 km2; 4.111.300 h [estim 1999]). A capital é Ufa. De relevo montañoso, especialmente ao L, nos Urais, o seu clima é continental seco. O bosque cobre a parte montañosa, mentres que ao O están as comarcas esencialmente agrícolas e gandeiras. A poboación está composta por baxkirianos (24,3%), tártaros (24,5%), rusos (40,3%) e outras minorías, predominando a relixión musulmana. O desenvolvemento económico deste país comezou coa explotación petrolífera en 1932 (Isimbaj), continuada por novas explotacións en 1944 (Okt’abr’skij) e en 1960, para as que se crearon as refinerías de Černitovks e Ufa, e plantas de aproveitamento de gas natural. A organización tribal dos baxkires conservou a independencia do seu territorio ata o s XIII, cando foron sometidos polos tártaros, que estableceron nel tres khanatos: o Siberiano, o Cazánico e o Nogaico. Baxkiria foi anexionada a Rusia por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie e época do Carbonífero mariño de Rusia, que xace enriba do Sepukhoviano e baixo o Moscoviano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Baxkiriano.

    VER O DETALLE DO TERMO