"Bayreuth" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CIDADES

    Cidade de Baviera, Alemaña, á beira do Main, nos contrafortes de Fichtelgebirge (72.000 h [1990]). Núcleo comercial, industrial (téxtil) e universitario de importancia rexional. Obtivo sona internacional a raíz de que Richard Wagner a escolleu como lugar de residencia e instalou nela o teatro dos festivais, o Festspielhaus. Os festivais, totalmente dedicados á obra de Wagner, celébranse regularmente desde 1876. A cidade foi fundada no s XII polos condes de Andechs-Diesse; no ano 1791 converteuse en posesión de Prusia e no 1810 de Baviera. O s XVIII foi o do seu maior esplendor cultural e artístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espectáculo musical celebrado en Bayreuth que conmemora a figura e obra musical de Richard Wagner, onde se reúnen os máis prestixiosos intérpretes da súa música. O festival realízase dende 1876 no Festspielhaus, teatro deseñado polo arquitecto Otto Brückwald, comezado en 1872 e rematado e inaugurado en 1876 coa estrea da obra O anel dos nibelungos. Entre 1945 e 1950 deixou de celebrarse, ata 1951, data na que se celebra anualmente e sen interrupción.

    VER O DETALLE DO TERMO