Bayreuth
Bayreuth
Cidade de Baviera, Alemaña, á beira do Main, nos contrafortes de Fichtelgebirge (72.000 h [1990]). Núcleo comercial, industrial (téxtil) e universitario de importancia rexional. Obtivo sona internacional a raíz de que Richard Wagner a escolleu como lugar de residencia e instalou nela o teatro dos festivais, o Festspielhaus. Os festivais, totalmente dedicados á obra de Wagner, celébranse regularmente desde 1876. A cidade foi fundada no s XII polos condes de Andechs-Diesse; no ano 1791 converteuse en posesión de Prusia e no 1810 de Baviera. O s XVIII foi o do seu maior esplendor cultural e artístico.