"Bego" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 21.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga liñaxe natural de Ferrol. As súas armas levan, sobre campo de azur, un moucho ou ‘ave de mal agoiro’.
-
PARROQUIA
Parroquia que dá nome ao concello de Abegondo baixo a advocación de santa Baia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca e da provincia da Coruña, situado no N da comunidade autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Bergondo e Cambre, ao O co de Carral, ao S cos de Ordes e Mesía, e ao L cos de Cesuras, Oza dos Ríos e Betanzos. Abrangue unha superficie de 83,9 km 2
VER O DETALLE DO TERMO
cunha poboación de 5.808 h (2007) distribuídos nas parroquias de Abegondo, Cabanas, Cerneda, Cos, Crendes, Cullergondo, Figueroa, Folgoso, Leiro, Limiñón, Mabegondo, Meangos, Montouto, Orto, Presedo, Sarandóns, Vilacoba, Vións e Vizoño. A capital municipal é o lugar de San Marco (43 0 13’ 46’’ N- 8 0 17’ 11’’ O). Está adscrito ao partido xudicial de Betanzos e á arquidiocese de Santiago de Compostela.
Xeografía física
O territorio municipal de Abegondo atópase no dominio climático oceánico... -
VER O DETALLE DO TERMO
Poboado da Macedonia que presenta unha secuencia estratigráfica que principia no Neolítico antigo (5390 a C). Este xacemento arqueolóxico xunto co de Vrsnik permitiron a caracterización e subdivisión da cultura Anzabegoro-Vrsnik do Neolítico antigo de Macedonia e Albania oriental.
-
GALICIA
Museóloga no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón (A Coruña). É doutora en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.A súa labor céntrase na investigación do patrimonio arquitectónico popular de Galicia, sobre todo os hórreos e os muíños. Publicou os seguintes traballos: As construcións populares: un tema de Etnografía en Galicia (1983), Camiños, pasos e pontes (1989), Muíños de marés e de vento en Galicia (1991) e Os muíños (2000). Así mesmo, é colaboradora habitual de revistas especializadas como Verba, Gallaecia, ou Brigantium. Recibiu o Premio de Etnografía Vicente Risco (1978), o Premio Domingo Fernández del Riego (1984) e o Premio da Crítica Galicia (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTAÑA
Montaña dos Alpes Marítimos, na Occitania, na que se descubriron numerosos gravados rupestres prehistóricos, situados entre os 2.000 e 2.500 m de altitude, que representan en total unhas 40.000 figuras, divididas en diversos grupos. A maioría son representacións esquemáticas de bóvidos ou de armas, sobre todo puñais que corresponden a modelos da idade do bronce, aínda que a parte máis antiga poida corresponder aos tempos do Neolítico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome feminino procedente do eúscaro Beg-oin-a ‘lugar do outeiro dominante’; concretamente, a cuíña cercana a Bilbao onde está o santuario dedicado á Nosa Señora de Begoña, erixido no s XVI. A festividade de Begoña celébrase o 15 de agosto ou o 11 de outubro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome común que reciben as plantas do xénero Begonia, da familia das begoniáceas. Son herbáceas perennes, carnosas, de follas alternas, máis ou menos irregulares e flores unisexuadas sen corola, provistas de catro sépalos petaloides, de cor vistosa. Comprende unhas 800 especies, case todas tropicais, sudamericanas, das que se teñen obtido un número enorme de variedades e de híbridos cultivados en xardíns e invernadoiros e como plantas de interior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome feminino que fai referencia á planta homónima. O vocábulo procede do apelido francés Bégon, político francés, intendente de Santo Domingo, a quen o botánico francés Plumier quixo honrar dándolle o nome de begonia. Trátase, xa que logo, do que en Onomástica se coñece co nome de antopersónimo; isto é, dun dos moitos nomes de flores aplicados a mulleres como nomes propios: Rosa, Dalia, Violeta, etc. A festividade de Begonia celébrase o 15 de agosto ou o 11 de outubro, canda Begoña.
-
-
Relativo ou pertencente ás plantas herbáceas ou arbustos da mesma familia que a begonia.
-
Planta da mesma familia que as begonias.
-
Familia de plantas herbáceas ou leñosas da orde das violais, máis ou menos suculentas ou sufruticosas, propias de países tropicais, especialmente de América do Sur. A esta familia pertencen as begonias.
-
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Pedro que é capital e dá nome ao concello de Begonte.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da Terra Chá, situado na provincia de Lugo no N da Comunidade Autónoma de Galicia (43° 09’ de latitude N e 7° 40’ de lonxitude O). Limita ao N cos concellos de Cospeito e Vilalba, ao O co de Guitiriz (todos eles da Terra Chá), ao S cos de Friol e Outeiro de Rei e ao L cos de Rábade, Outeiro de Rei (comarca de Lugo) e Cospeito . Abrangue unha superficie de 126,8 km 2 c unha poboación de 3.550 h (2007), distribuídos nas parroquias de Baamonde, Baldomar, Begonte, Bóveda, Carral, O Castro, Damil, Donalbai, Felmil, Gaibor, Illán, Saavedra, San Fiz de Cerdeiras, San Martiño de Pacios, San Vicente da Pena, Santalla de Pena, Trobo, Uriz e Virís. A capital, na parroquia de Begonte. Situado a 94 km de Santiago de Compostela e a 21 km de Lugo e de Vilalba, está adscrito ao partido xudicial de Vilalba e á diocese de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio que forma o concello de Begonte está inmerso nunha área de dominio climático oceánico continental. A... -
VER O DETALLE DO TERMO
Convocado dende 1975 polo Centro Cultural José Domínguez Guizán, baixo patrocinio de Caixa Galicia. O tema dos traballos presentados versa sobre o Nadal e poden estar presentados en galego ou castelán.
-
PERSOEIRO
Escritor croata. Introduciu no seu país as tendencias literarias imperantes na Europa do momento, dende Ibsen ata Pirandello. Escribiu poesía, teatro e novela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político bosníaco. Graduado en Dereito, dedicouse á defensa dos dereitos da comunidade musulmá na antiga República Federal Socialista de Iugoslavia. Fundou o Partido de Acción Democrática (SDA)(1988), formación política de carácter musulmán, nacionalista e laico, coa que foi escollido presidente de Bosnia-Herzegovina nas eleccións de 1990, declarando a independencia en 1992, que deu paso a unha guerra civil. Aínda que a súa pretensión inicial era a creación dun estado multiétnico, aceptou os acordos de Dayton de 1995, que supuxeron o repartimento do territorio. Tralas eleccións de 1996 converteuse no primeiro presidente da presidencia tripartita, cargo que revalidou en 1998 e do que dimitiu, por motivos de saúde, en 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Baíste (Avión). O seu cumio acada os 720 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Actriz. Vinculada á compañía Sarabela desde a súa creación, participou en diversos espectáculos do colectivo e desenvolveu e coordinou diversas actividades de formación e divulgación teatral. Como dramaturga, participou na tradución e adaptación de textos como Xacobe ou a sumisión, de Ionesco, Madame de Sade, de Mishima ou A esmorga, de Eduardo Blanco Amor. É coautora das obras Afección, Tics e Os soños de Caín, realizados por Sarabela Teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político peruano. Elixido presidente da república (1833-1834), foi derrocado por Felipe Santiago Salaverry. Despois de pactar co xeneral Andrés de Santa Cruz, presidente de Bolivia, ocupou Perú, e en 1837 organizou con este a Confederación de Bolivia e Perú, feito que provocou o enfrontamento con Chile. Derrotado polos chilenos, tivo que abandonar o país (1838).
VER O DETALLE DO TERMO