Izetbegović, Alija

Izetbegović, Alija

Político bosníaco. Graduado en Dereito, dedicouse á defensa dos dereitos da comunidade musulmá na antiga República Federal Socialista de Iugoslavia. Fundou o Partido de Acción Democrática (SDA)(1988), formación política de carácter musulmán, nacionalista e laico, coa que foi escollido presidente de Bosnia-Herzegovina nas eleccións de 1990, declarando a independencia en 1992, que deu paso a unha guerra civil. Aínda que a súa pretensión inicial era a creación dun estado multiétnico, aceptou os acordos de Dayton de 1995, que supuxeron o repartimento do territorio. Tralas eleccións de 1996 converteuse no primeiro presidente da presidencia tripartita, cargo que revalidou en 1998 e do que dimitiu, por motivos de saúde, en 2000.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bosanski Šamac, Bosnia