"Beiras" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 15.

  • Liñaxe galega que leva como armas: en campo de ouro, unha faixa de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico oftalmólogo. Realizou o primeiro estudo médico da historia redactado en lingua galega e titulado Ensaios para mellorar os resultados terapéuticos no estrabismo, que expuxo en decembro de 1958 na Academia Médico-Cirúrxica de Vigo. Froito das súas investigacións sobre esta materia aparece a invención do sinoptóforo, aparello óptico que buscaba reducir a dificultade de percepción visual das persoas estrábicas. Trala súa morte constituíuse en Vigo a Asociación Estrabolóxica Instituto Beiras. Entre as súas obras cómpre destacar: Contribución al tratamiento quirúrgico de la obstrución de las vías lagrimales (1944), Nuevo procedimiento para la oclusión alternativa en el tratamiento del estrabismo (1959), Novas orientaciós na ciruxía da catarata (1964), Tiempo, espazo y esfuerzo en la práctica oftalmológica (1964) e État actuel du Synoptophore à Televisión (Estado actual do sinoptóforo na televisión, 1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático de Estrutura Económica na Universidade de Santiago e político nacionalista. Realizou estudios de Dereito e Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela e de Lingua e Literatura Francesa na Université de la Sorbonne. A súa actividade política iniciouse en 1963, cando participou na fundación do Partido Socialista Galego (PSG), no que ocupou o cargo de secretario xeral. Anos máis tarde, integrouse no Bloque Nacionalista Galego (BNG), formación que lidera e á que representa no Parlamento de Galicia dende a segunda lexislatura (1985). O feito máis salientable da súa actividade política é a súa capacidade de reunir nunha mesma formación a diferentes partidos políticos galeguistas (Partido Nacionalista Galego, Esquerda Nacionalista, Unidade Galega, Unión do Pobo Galego, etc) e conducir ao nacionalismo galego dunha presenza marxinal na política galega a ser a segunda forza política do país e alternativa de goberno. Tras ser nomeado académico de número da Real Academia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arbo baixo a advocación de san Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e cirurxián. Foi director da área do corazón e xefe do servizo de cardioloxía do hospital Juan Canalejo da Coruña, profesor asociado de ciencias da saúde do departamento de Medicina da Universidade de Santiago, profesor titular de cardioloxía da Universidade da Coruña e director do Instituto de Ciencias da Saúde. Colaborou en distintas publicacións de epidemioloxía clínica e na investigación sobre marcapasos, trasplantes cardíacos e cardioloxía clínica. Foi presidente da Sociedad Gallega de Cardiología (1985-1988) e da Sociedad Española de Cardiología (1997-1999). Foi galardoado cos premios Arthur Andersen de xestión clínica, Fundación Española del Corazón, Boehringer Mannhein e Bristol Myer Squibb.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. Remite ao topónimo Aciveiras (lugar no que abundan os acivos), con aférese da sílaba inicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Illas do litoral occidental da parroquia de San Xurxo da Mariña, concello de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico situada entre a de Pedro do Sal e a praia de Santa Mariña, na parroquia de Xaviña (Camariñas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sancovade (Vilalba). Está formada por varios corpos engadidos en distintas épocas. Na planta baixa ten portas de entrada ao pazo e á capela. Na fachada destacan os lenzos que enmarcan os vans. Sobresae o balcón con ménsulas de pedra nun dos laterais. Os muros son de cachotaría de lousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Restos que quedan ao limpar o gran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pantón baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pantón. Construída no s XVII, conserva elementos de épocas anteriores e sufriu importantes reformas. Consta de dúas naves de planta rectangular, unha delas engadida no s XVIII, presbiterio e sancristía. No interior destaca un retablo barroco que cobre o testeiro e outro lateral de finais do s XVIII. Na fachada destaca un ollo de boi no frontispicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Mañón baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cima de Ribeira (Xinzo de Limia). O seu cumio acada os 800 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO