"Benavente" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zamora, Castela e León (16.055 h [1996]). Situado na confluencia dos ríos Órbigo e Esla, o termo aséntase sobre a ampla veiga que forman, unha chaira fértil a 750 m de altitude, no límite entre as comarcas naturais da Tierra de Campos, ao L, e os vales do Tera, da Polvorosa, de Valverne e dos Vidriales, ao O. É a cabeceira dunha comarca fundamentalmente agrícola e gandeira, e concentra as industrias alimentarias derivadas do sector agropecuario (fábrica de azucre, leite, fariñas, etc), ademais de moitos servicios (partido xudicial, rexistros, axencia tributaria, centros de ensino primario, secundario e profesional). Eixo de comunicacións, Benavente é o punto onde converxen as autovías que comunican Galicia con Madrid (a Autovía do Noroeste A-6 e a Autovía das Rías Baixas A-52), a estrada nacional N-610, que comunica Palencia co N de Portugal, e a estrada da Ruta da Prata, a nacional N-630, que une Gijón e Sevilla sobre o trazado da antiga vía romana empregada para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello do distrito de Santarém, Portugal, situado á beira do río Sorraia, afluente do Tejo (17.915 h [1993]). Está a medio camiño entre Lisboa e Santarém, ao NL da capital da nación. O tremor de terra do 23 de abril de 1909 destruíu a vila, que tivo que ser reconstruída na súa práctica totalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica procedente de fóra de Galicia. A orixe do topónimo non está clara, aínda que podería remitir ao latín bene ventum ‘benvido’; así, no século XII, aparecen documentadas formas deste tipo: Beneventum, Beneventi, Benevento, Benaventum, Benaventi ou Benavente.

    2. Liñaxe de orixe castelá, natural da vila zamorana do seu nome. Estendeuse por León, Castela a Nova e Castela a Vella. As súas armas levan, en campo de ouro, unha árbore de sinople e dous lobos de sable atados con cadeas ao tronco; bordo de azul con seis veneras de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e empresario teatral. Na súa mocidade iniciou estudios de Dereito, pero abandonounos para introducirse de cheo na produción literaria. Alternou a obra narrativa e poética coas colaboracións periodísticas. A súa primeira obra publicada foi El teatro fantástico (1892) e a primeira estrea teatral El nido ajeno (1894), que constituíu un éxito importante e sinalou unha das súas constantes: o drama realista. As pezas posteriores terán unha maior profundidade (La noche del sábado, 1903; El dragón de fuego, 1903). Influído polo simbolismo, escribiu Los intereses creados (1909) e La ciudad alegre y confiada (1916); de carácter naturalista son obras como Señora ama (1908) e La malquerida (1913), onde analiza a psicoloxía feminina a través dos personaxes principais. Unha sátira aguda pero no fondo respectuosa da sociedade madrileña aparece en La comida de las fieras (1898), Lo cursi (1901), Rosas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Dirixiu en Madrid a Inclusa e o Hospital de Nenos. Foi membro da Real Academia de Medicina. Así mesmo, dirixiu a revista El Hospital de Niños, colaborou en El Siglo Médico e publicou numerosos traballos de carácter científico. Considéraselle un dos iniciadores da pediatría moderna na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concedido no 1607 a Juan de Zúñiga e de Requesens, fillo de Juan Alonso Pimentel, conde de Benavente, de Mencía de Requesens Zúñiga, e neto do gobernador Luis de Requesens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor dramático. Cultivou o entremés de carácter satírico de costumes e de intención moralizante, e publicou a colección Jocoseria. Burlas veras, o reprehensión moral y festiva de los desórdenes públicos [...] (1645).

    VER O DETALLE DO TERMO