"Benda" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 14.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, ao NL da capital, á beira do Xarama (83.031 h [1996]). É un centro industrial e residencial satélite de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de músicos bohemios famosa en Europa no s XVIII. Descendía de Jan Ji ř í Benda (1686-1757), tecelán e músico ocasional instalado en Stáre Benátky (Bohemia). František Benda (Stáre Benátky, Bohemia 22.11.1709 - Postdam 7.3.1786), primeiro fillo de Jan Jiří Benda, destacou axiña como violinista. entrou ao servizo de Federico II de Prusia e foi konzertmeister da capela real (1771). Como compositor ten diversas obras para violín e para frauta. Johann Benda (1713-1752), violinista da corte e compositor de pezas para violín. Jiří Antonín Benda (Stáre Benátky, Bohemia 30.6.1722 - Köstritz 6.11.1795), foi violinista da orquestra da corte prusiana e mestre de capela de Gotha. Cultivou a música escénica, a música de cámara, sinfonías e pezas para instrumentos de tecla. Compuxo numerosos singspiele, entre os que destacan Ariadne auf Naxos (1775), Medea (1775) e Romeo und Julie (1776). Joseph Benda...
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e ensaísta francés. A súa obra está dominada polas polémicas contra Charles Maurras, Henri Bergson e, en xeral, por unha reacción racionalista contra os intelectuais modernos que deron un valor excesivo ao sentimento e á intuición, e cederon aos intereses políticos. Fixo esta denuncia dos intelectuais sobre todo na súa obra principal, La trahison des clercs (A traición dos intelectuais, 1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación subtitulada “Boletín de información cultural galego-portugués” que naceu en outono de 1979 como iniciativa da Libraría Couceiro de Santiago de Compostela, co fin de dar información sobre novidades bibliográficas. Aínda que se pretendía nun principio que tivese carácter trimestral adoita saír irregularmente unhas dúas ou tres veces ao ano. Feita integramente en galego, alén de informar sobre publicacións galegas, portuguesas e aquelas que estando en castelán están referidas a Galicia, inclúe entrevistas ao longo dos diferentes números a Carballo Calero, Basilio Losada, Francisco Rodríguez, Carlos Casares, Pilar Vázquez Cuesta, Ramón Martínez López, Manuel Lourenzo, Filgueira Valverde, Fernández del Riego, etc. Tamén hai reseñas biográficas, como as de Luís Pimentel, María Mariño, Francisca Herrera e Saco e Arce, entre outras. Déronse tamén cabida a notas necrolóxicas, como as dedicadas a Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro ou Fermín Penzol. Comentarios de libros, información...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome do señorío xurisdicional que exerceron varias liñaxes sobre a Casa de Bendaña en Touro, especialmente os Ulloa. Os señores desta casa posuíron terras e propiedades en Caldas de Reis, Briallos, Betanzos, Cambre, Compostela, etc. As armas desta liñaxe levan: en campo de ouro, cinco roeis de azul, postos en aspa. Algúns traen, en campo de azul, seis besantes de ouro, en dous paos. Outra variante representa, en campo de ouro, cinco roeis de sable, postos en aspa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido polo Rei Carlos II, no Real Despacho do 27 de outubro de 1692, a Rodrigo Antonio Falcón de Ulloa e Ribadeneira, correxidor de Salamanca, cabaleiro de Santiago e señor de Parderrubias e da casa de Bendaña. Ao falecer este sen sucesión, o título pasou ao seu sobriño, Juan Benito Piñeiro e Ulloa, cabaleiro de Santiago e colexial maior de Cuenca. Esta caste leva como armas as dos Ulloa: escudo axadrezado de quince pezas, oito de ouro e sete de goles, cargadas cada unha destas con cadansúas tres (ou dúas) faixas de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pazo urbano situado na praza do Toural, en Santiago de Compostela, construído por Clemente Fernández Sarela en 1759. Representa un dos exemplos máis salientables da arquitectura barroca civil. Sufriu unha importante reforma no 1878, que converteu os vans do baixo en portas de acceso. No 1995 tempo converteuse na sede da Fundación Granell.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto químico que pertence ao grupo dos bencimidazois e que actúa como funxicida de aplicación foliar de amplo espectro de acción. Ten carácter preventivo e curativo. Está autorizado nun variado número de cultivos, tanto herbáceos como leñosos, e tamén se utiliza na desinfección de sementes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado do benzimidazol que se presenta en forma de sólido cristalino de cor branca amarelada e que funde a 288,5°C. Ten un espectro antihelmíntico moi amplo e emprégase sobre todo nas infeccións por triquiuroideos, ascárides e oxiuros.
-
-
-
Porción doada aos cóengos e monxes suxeitos a unha clase ou administración conxunta de bens.
-
Porción de bens ou rendas que se asignan a un eclesiástico nas igrexas, catedrais ou colexiatas para que poidan vivir e levar a cabo as funcións inherentes ao seu cargo.
-
prebenda de oficio
Cada unha das catro coenxías: doutoral, maxistral, lectoral e penitenciaria.
-
-
Beneficio que se recibe por ocupar un cargo, aínda que non se exerza, ou pertencer a un determinado grupo social.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen goza dalgunha predenda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
De forma intencionada ou con pleno coñecemento do que se fai e das súas consecuencias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto cristalino, branco, moi pouco soluble en auga, que se emprega en medicina como antihelmíntico no tratamento das infeccións por vermes.