Benda
Familia de músicos bohemios famosa en Europa no s XVIII. Descendía de Jan Ji ř í Benda (1686-1757), tecelán e músico ocasional instalado en Stáre Benátky (Bohemia). František Benda (Stáre Benátky, Bohemia 22.11.1709 - Postdam 7.3.1786), primeiro fillo de Jan Jiří Benda, destacou axiña como violinista. entrou ao servizo de Federico II de Prusia e foi konzertmeister da capela real (1771). Como compositor ten diversas obras para violín e para frauta. Johann Benda (1713-1752), violinista da corte e compositor de pezas para violín. Jiří Antonín Benda (Stáre Benátky, Bohemia 30.6.1722 - Köstritz 6.11.1795), foi violinista da orquestra da corte prusiana e mestre de capela de Gotha. Cultivou a música escénica, a música de cámara, sinfonías e pezas para instrumentos de tecla. Compuxo numerosos singspiele, entre os que destacan Ariadne auf Naxos (1775), Medea (1775) e Romeo und Julie (1776). Joseph Benda (1724-1804), violinista da corte que sucedeu a František como Konzertmeister (1786-1797).