"Benedicto XII" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Nome que adoptou Jacques Fournier ao converterse en Papa (1334-1342). Monxe cisterciense, foi abade de Fontfreda (Narbona) e bispo de Pamies (1317) e de Mirapeix (1326); en 1327 acadou a condición de cardeal. Foi o terceiro Papa residente en Aviñón. Durante o seu pontificado suprimiu a encomenda de bispados e abadías (1335) e condenou a simonía e o nepotismo. Así mesmo, esforzouse por rematar co cisma grego e por restablecer a paz entre Francia e Inglaterra. Puxo fin á controversia sobre a “visión beatífica” coa bula Benedictus Deus (1336). En 1336, co ánimo de precisar os estatutos das ordes relixiosas, reorganizou as congregacións beneditinas e a orde do Císter. En 1339 comezou a construción do pazo dos papas de Aviñón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome que adoptou Pedro Martínez de Luna ao converterse en Papa (1394-1417). Está considerado como un antipapa. Estudiou Dereito en Montpellier e como canonista defendeu a plenitude do poder papal contra as teses conciliaristas. Participou, en medio das revoltas de Roma de 1378, na elección de Urbano VI, que foi declarada inválida, entre outros, polos cardeais franceses; así mesmo, participou na elección de Clemente VII en setembro de 1378, feito que deu lugar ao Cisma de Occidente (1378-1417). Morto Clemente VII, Pedro Martínez de Luna foi elixido Papa o 28 de setembro de 1394 en Aviñón, a pesar da oposición de Francia. Foi deposto no Concilio de Pisa (1409), pero negouse a renunciar. Abandonado polos últimos estados fieis (Aragón, Castela, Navarra e Escocia), encerrouse dende 1415 na fortaleza de Peníscola. Foi deposto novamente no Concilio de Constanza (1417) e excomungado. Fixo prometer a catro cardeais que o apoiaban que nomearían un sucesor. O elixido foi o cóengo de Teruel Gil Sánchez...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome que adoptou Pietro Francesco Orsini ao converterse en Papa (1724-1730). Relixioso dominicano, foi nomeado cardeal en 1672 e arcebispo de Menfredonia (1675), Cesena (1680) e Benevent (1686). Trala súa elección, combateu as ideas xansenistas, aínda que a adopción de certas posicións agostiñas fortaleceu en certa medida este movemento. Neste sentido, impuxo a aceptación da bula Unigenitus; así mesmo, procurou aplicar a doutrina de San Tomé sobre a graza eficaz (1724). En 1725 declarou inválida a consagración de Corneli Steenhoven, iniciador en Utrecht da actual igrexa dos anciáns católicos. Canonizou a San Xoán da Cruz.
VER O DETALLE DO TERMO