Benedicto XII

Benedicto XII

Nome que adoptou Jacques Fournier ao converterse en Papa (1334-1342). Monxe cisterciense, foi abade de Fontfreda (Narbona) e bispo de Pamies (1317) e de Mirapeix (1326); en 1327 acadou a condición de cardeal. Foi o terceiro Papa residente en Aviñón. Durante o seu pontificado suprimiu a encomenda de bispados e abadías (1335) e condenou a simonía e o nepotismo. Así mesmo, esforzouse por rematar co cisma grego e por restablecer a paz entre Francia e Inglaterra. Puxo fin á controversia sobre a “visión beatífica” coa bula Benedictus Deus (1336). En 1336, co ánimo de precisar os estatutos das ordes relixiosas, reorganizou as congregacións beneditinas e a orde do Císter. En 1339 comezou a construción do pazo dos papas de Aviñón.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Saverdun

  • Deceso

    Lugar : Aviñón