"Berenguel I" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Rei de Italia (888-924) e marqués de Friul. De ascendencia franca, era sobriño de Ludovico Pío. No ano 888 sucedeu a Carlos III o Gordo e no 915 foi coroado Emperador de Occidente por Xoán X. O Rei Rodolfo II de Borgoña, chamado a Italia polos grandes señores feudais, destronou a Berenguel, que morreu asasinado no 924.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Barcelona (1035-1076), fillo de Berenguel Ramón I e da súa primeira muller, Sancha de Castela. En 1049 o seu irmán Sancho renunciou aos dominios que tiña máis alá de Llobregat no seu favor e en 1504 Guillerme, o seu irmán consanguíneo, renunciou ao condado de Osona. De acordo con Ermengol III de Urgell, atacou o rei sarraceno de Zaragoza o que deu lugar á incorporación aos dominios do condado de Barcelona de Pilçà, Purroi, Estopanyà, Canyelles e Casseres, na Baixa Ribagorza. Desde finais de 1067 e ata mediados de 1070, xunto coa súa muller, comprou os condados de Carcassona e Rasès. Desta época data a promulgación do núcleo primitivo do Código das Usatges de Barcelona, que debía facerse en 1064 e 1068. Deixou todos os seus estados e dereitos territoriais aos seus fillos Ramón Berenguel II e Berenguel Ramón II conxuntamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Barcelona (1076-1082), fillo de Ramón Berenguel I e irmán de Berenguel Ramón II. Aínda que segundo o testamento do pai os dous irmáns tiñan que reinar en igualdade de condicións, a situación real era dunha certa preeminencia súa. Barcelona, Urgell e Lleida loitaron contra Zaragoza e a consecuencia diso o perigo islámico cesou. En 1079 repartiuse co seu irmán a cidade de Barcelona coas terras, castelos e casas das proximidades. As funcións soberanas permaneceron sen dividir. Acordaron tamén que loitarían conxuntamente contra os sarracenos en 1081, aínda que finalmente non o fixeron. En 1082, no camiño de Barcelona a Girona foi asasinado por uns descoñecidos, que quizais fosen os seus propios acompañantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Rodés, Roergue 1082 - Barcelona 1131) Conde de Barcelona (1096-1131), fillo de Ramón Berenguel II. A súa titoría foi encomendada en 1086 ao seu tío Berenguel Ramón II. En 1095 comezou as súas accións bélicas co asedio de Tolosa. Atacou Amposta en 1097, e un ano máis tarde acometeu Oropesa, praza do Cid, e este atacou os sarracenos de Morvedre aliados do conde. Pero logo aliouse co Cid e concertou o seu matrimonio coa filla deste, María, que debía celebrarse en 1098. Os avances dos almorábides polo cantón de València a partir de 1102 impediron toda posibilidade de expansión nesta dirección. En 1111 incorporou aos seus estados a cidade de Besalú e os seus anexos por extinción da correspondente dinastía condal. Deste xeito deulle a Catalunya un lugar destacado na política europea e contribuíu ao seu avance cultural. En 1114 foi tomada Eivissa, cando acababa de ocupar a cidade de Mallorca. Despois, os cristiáns retiráronse e as illas foron ocupadas polos almorábides. A comezos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Barcelona (1131-1162) e rexente de Provenza (Ramón Berenguel II, 1155-1157?), príncipe dominador de Aragón (1137-1162), fillo de Ramón Berenguel III. Nos tres primeiros anos do seu goberno preocupouse da presión exercida por Afonso I de Aragón nas proximidades da fronteira con Catalunya. En 1137 foron convidos os seus esponsais con Petronila, filla de Ramiro II, e recibiu os dereitos e prerrogativas do reino aragonés. Emprendeu expedicións contra os sarracenos e chegou a un acordo con Afonso VII de Aragón, que aspiraba ao dominio de Zaragoza. Cedeu Soria e todo o que posuíra Afonso I máis alá do Sistema Ibérico. En 1147 tomou Ontiñena (Aragón) e foi por mar, xunto cos xenoveses, a atacar Almería. Pactou cos xenoveses a expedición contra Tortosa para o ano seguinte. En 1149, proxectou unha empresa contra Lleida, que xunto con Fraga foi ocupada. Cara a finais de 1153, era coroada a conquista do Principado de Catalunya. A morte do seu irmán o conde Berenguel Ramón I de Provenza en...

    VER O DETALLE DO TERMO