"Berga" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 36.

  • Coro fundado en 1985 por iniciativa e baixo a dirección de Carlos Díaz O’ Xestal. Formado por 40 voces mixtas acompañadas de tambor, tamboril, pandeireta e gaitas. O seu obxectivo fundamental é recoller, ampliar e divulgar o folclore tradicional galego, sobre todo da bisbarra de Bergantiños. Nos fondos do seu arquivo posúe a obra do seu fundador, o contador de contos O’ Xestal. Actuacións en festas populares por Galicia (Padrón, Coristanco, Laxe, Laracha, etc); no Teatro Colón da Coruña e no Teatro García Barbón de Vigo. Todos os anos participa nos circuítos culturais da Deputación da Coruña, no concello de Carballo. Sucedéronse na súa dirección Miguel Gordillo e Arantxa Concheiro Guerrico; o seu presidente foi Antonio Iglesias e posteriormente Pedro Fernández Pombo. Gravou dúas casetes: Filmoteca 92, El Correo Gallego (1992) e Dial-Disco (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de albergar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar albergue a alguén.

    2. Pararse nun albergue ou nun lugar buscando descanso e protección.

    3. Encerrar ou conter no seu interior.

    4. Servir un lugar de refuxio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe toponímica. Nas provincias de Ourense, A Coruña e Pontevedra hai moitos lugares que se chaman Albergaría e Alberguería. A ela pertenceron ilustres cabaleiros da nobreza portuguesa. De orixe controvertida, a rama portuguesa desta caste procede, segundo uns investigadores, dos galegos da Limia onde tiñan a súa casa orixinaria e, segundo outros, da vila de Albergaría, en Moraña. Unha das ramas que saíron deste último lugar fundou nova casa na vila de Verín. Para os antigos xenealoxistas esta liñaxe procede por vía lexítima do Rei Ramiro II porque dun neto natural deste monarca, Sueiro Méndez de Amaia o Bo, descendeu Heremixio Méndez o Fidalgo, cabaleiro do que proveñen os Suárez de Albergaría que pasaron a Portugal onde entroncaron cos condes de Torresvedras e cos Marqueses de Trocifal. As súas armas levan, en campo de prata, unha cruz oca de goles semellante á de Calatrava; bordo de prata con dez escudiños de azur con cinco bezantes de prata cada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe cartuxo, Bispo (1417) e Cardeal de Boloña (1426). Foi legado nas tentativas de paz entre Francia e Inglaterra durante a Guerra dos Cen Anos (1422-1423 e 1431), no Concilio de Basilea (1433-1436) e no parlamento de Nuremberg para a reforma de Alemaña (1438).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cultural creada en decembro de 1996 en Santiago de Compostela. O seu principal obxectivo é fomentar e estender en Galicia a afección pola arte lírica (ópera, zarzuela, canción, lied, etc) e outras manifestacións musicais. A primeira e actual xunta directiva está presidida por José Víctor Carou Fernández. O concerto inaugural da asociación tivo lugar o 24 de setembro de 1997 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Dende 1998 edita a revista trimestral Cavatina, primeira revista feita en Galicia e en galego totalmente dedicada á ópera e á lírica, con especial atención á actualidade musical galega. Entre as actividades organizadas, destaca o Ciclo de Novos Intérpretes Galegos, así como o ciclo de conferencias e concertos “Unha pequena historia da ópera”, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Nas súas temporadas de concertos interviñeron, entre outros intérpretes, Teresa Berganza, Cecilia Lavilla, Enrique Viana, Ángeles Blancas, xunto aos galegos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, cabeceira da comarca do Berguedà, situado ao pé da serra de Queralt (14.207 h [1996]). É unha das cidades dormitorio máis importantes de Catalunya fóra das da área metropolitana de Barcelona. A industria acolle a maior parte da poboación ocupada, destacando o sector téxtil, o siderometalúrxico, o de materiais de construción, o da madeira e o alimentario. A súa orixe remóntase á época prerromana. No 905 converteuse na capital do condado independente de Berga, aínda que no 1003 se integrou no condado de Cerdanya, e pasou ao de Barcelona no 1117. Durante a Guerra da Independencia contra os exércitos bonapartistas, Berga foi a sede da Junta Superior de Catalunya (1811). En 1837 estableceuse na vila o goberno carlista (Junta de Berga), ata que foi tomada polo xeneral Espartero. En 1873 foi de novo ocupada polos carlistas durante uns meses. En 1932 foi unha das poboacións nas que se levantaron os anarquistas. Entre o seu patrimonio arquitectónico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome turco da cidade de Pérgamo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bérgamo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Bérgamo.

    3. Danza italiana, orixinaria da rexión de Bérgamo, dos ss XVI e XVII; estivo tamén en auxe no s XVIII en Francia. Como composición instrumental, foi construída a miúdo sobre un baixo obstinado. No s XIX recibiron este nome composicións de compás 6/8 e ritmo vivo, parecidas á tarantela. Claude Debussy escribiu no s XIX unha Suite bergamasque (Suite bergamasca, 1890) e Alfredo Piatti tamén compuxo algunhas.

      1. Relativo ou pertencente á raza bergamasca.

      2. raza bergamasca

        Raza ovina de orixe italiana, de triple aptitude (leite, la e carne), mellorada a partir da raza leiteira Wilstermarch. Ten a cabeza de perfil convexilíneo, as extremidades longas e a constitución ósea forte.

    4. Can pastor, de pelo longo, orixinario do norte de Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cultivou a poesía (Rimas y sonetos rezagados, 1962; Apartada orilla, 1976, e Poesía casi completa, 1980); o teatro (La niña guerrillera, 1945) e a crítica de arte, pese a que o máis característico da súa creación é o ensaio (Fronteras infernales de la poesía, 1959; Al volver, 1962; El clavo ardiendo, 1974; Páginas de la guerra y el destierro, 1976; Calderón y cierra España, 1979, etc), onde, cun conceptismo verbal que desbota o exceso castizo, manifesta a súa preocupación pola continuidade da cultura castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político conservador. En 1913 foi ministro de Instrución Pública, en 1919 de Gobernación e en 1922 de Facenda e de Estado. Opúxose á ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) e ao acabar esta separouse do seu partido. En 1932 defendeu o xeneral Sanjurjo, que se sublevara contra o goberno republicano. É autor de Derecho Mercantil (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e enxeñeiro. Pertence á xeración de 1925, da que é un destacado representante das correntes racionalistas. Logo da Guerra Civil emigrou a Venezuela, de onde regresou anos despois. Foi o autor da colonia do Viso (1931) en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se denomina usualmente en perfumería o acetato de linalilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Bérgamo, na Lombardía, Italia (117.193 h [1998]). Situada entre os vales dos ríos Brembo e Serio, é un activo centro agrícola, comercial e industrial. Da cidade sobresaen a catedral (1459-1650), a igrexa de Santa Maria Maggiore (1132-1400), a capela Colleone (1476), obra mestra de Giovanni Antonio Amadeo, e a Accademia Carrara, unha das pinacotecas máis ricas de Italia. Cidade de orixe celta, converteuse en centro do ducado longobardo. Foi dominada polos Visconti do 1329 ao 1427, ano en que pasou a formar parte da República Veneciana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Lombardía, Italia (2.723 km2; 956.181 h [estim 1998]). A capital é Bérgamo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequena árbore de follas sempre verdes, ovadas, de pecíolos longos e alados, flores pequenas, brancas e moi olorosas. Procedente da parte tropical e subtropical do SL de Asia, plántase en distintos países de Europa, sobre todo en Calabria e Sicilia. Algunhas variedades cultívanse como ornamentais.

    2. Froito da árbore do mesmo nome, duns 7 a 10 cm de diámetro, piriforme, cítrico acedo pero moi perfumado, de cor marela pálida e pel delgada e rica nun aceite esencial, coñecido como aceite de bergamota e con uso en confeitería. Coa polpa prepáranse doces e conservas.

    3. Denominación común de distintas variedades de peras de forma arredondada, aplanadas no pecíolo, e de polpa rica en zume.

    4. Aceite esencial obtido ao espremer a pel da bergamota. Contén principalmente acetato de linalilo (34-45%), limoneno e linalol. Emprégase en cosmética e perfumería.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embarcación de dous paos e velas cuadrangulares ou redondas. En Galicia, os bergantíns empregábanse para o transporte de mercadorías. A súa presenza era común naqueles portos que se dedicaban á exportación da súa produción industrial pesqueira. Cargaban as súas adegas cos produtos das fábricas de salgadura e conservas, transportando e exportando grandes cantidades de peixe en conserva cara a Levante, Andalucía, a zona do Cantábrico e mesmo Portugal.

    2. Tipo de buque de guerra que, na primeira metade do s XIX, deu paso á construción das fragatas de hélice. No 1793 construíuse en Ferrol un buque destas características, bautizado co nome de Cuervo, que contaba con 14 canóns.

    3. Navío de vela, que arboraba, ademais do bauprés, dous ou máis paos, dos que o trinquete era de tres pezas, cruzado e con gabia, e o outro ou os outros eran de dúas pezas, sen cruzar e cunha botavara e un pico en cada un deles izábanse unha áurica e unha escandalosa. Apareceu no s XVIII na mariña de guerra e na mercante, como unha evolución do bergantín, e subsistiu mentres perdurou a navegación de vela.

    4. Navío de vela co casco de bergantín redondo e con aparello de polacra no pau maior (de dúas pezas) e aparello de bergantín no trinquete (de tres pezas).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embarcación característica do Mediterráneo, mixta de xabeque e bergantín. Normalmente arboraba dous paos, ademais do bauprés, sen gabias nin cruzados: o trinquete, con velas redondas, e o maior, con vela latina. Algunhas bergantinas arboraban tres paos: maior e mediano con aparello latino e trinquete con velas redondas, e outras mesmo levaban aparello de goleta. Apareceu canda os bergantíns e empregouse nas mesmas navegacións.

    2. Vela maior áurica dos bergantíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bergantiños ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Bergantiños.

    VER O DETALLE DO TERMO