"Bergara" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
MUNICIPIOS
Municipio do territorio de Gipuzkoa, Euskadi, situado no val do río Deba (15.317 h [1996]). É un centro industrial, favorecido pola súa situación nun nó de comunicacións. No termo atopáronse dúas estacións megalíticas, a de Udala-Intxorta e a da Elosua. Situada no interior do país dos vascóns, permaneceu allea á influencia romana e musulmana. A primeira referencia documental data de 1050, nunha escritura rexia de doazón de leiras ao mosteiro de San Juan de la Peña. Ao incorporarse o señorío de Gipuzkoa ao Reino de Castela (1200), principiou un proceso de fundación de vilas no que se inscribe a creación, no camiño de Vitoria a Deba e Getaria, de Villanueva de Vergara, fundada por Afonso X en 1268 baixo o foro de Vitoria. Coa intención de confirmar a posesión e frear o perigo que supuñan franceses e navarros, Afonso X concedeulle privilexios en 1273. Durante a Baixa Idade Media a vila experimentou un proceso de expansión urbana e económica que se prolongou na Idade Moderna: o mercado de trigo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que é coñecido o tratado de paz asinado o 29 de agosto de 1839 por Espartero e Maroto, xefes respectivos dos exércitos isabelino e carlista, en Oñati, que puxo fin á Primeira Guerra Carlista (1833-1839). O convenio representaba o recoñecemento de Isabel II como Raíña lexítima. O pacto foi rubricado co abrazo dos dous exrivais (Abrazo de Bergara); sen embargo, a resistencia carlista continuou en Aragón, Catalunya e València ata xullo de 1840.