Guilin

Guilin

Cidade do zizhiqu de Guangxi Zhuang, China, na rexión do Centro-Sur (364.130 h [1990]). Está situada na beira esquerda do Gui Jiang, tributario do Xi Jiang. É un importante centro comercial, artesanal e de transportes, e converteuse nun núcleo industrial desde 1950, con industria química, de fabricación de motores, de equipamento agrícola, de papel, téxtil (principalmente algodón) e, sobre todo, alimentaria.