"Bergen" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome flamengo de Mons, en Bélxica.
-
CAPITAIS
Capital do fylke de Hordaland, Noruega, situada á beira do Vågenfjord (224.130 h [1997]). Érguese nunha pequena chaira litoral bordeada de outeiros que dificultan a expansión urbana, estendéndose polo estreito que divide o fiorde, onde están as instalacións portuarias. Fundada cara ao 1070 por Olavo III e chamada Bjorgvin, foi a cidade máis importante de Noruega durante a Idade Media. Desde o s XIV formou parte da liga hanseática. É sede dunha das universidades de maior prestixio da Península Escandinava. Foi escollida, canda Santiago de Compostela e outras sete cidades, Cidade Europea da Cultura do ano 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Estudiou Interpretación na Universidade de Pennsylvania. Comezou traballando como modelo publicitaria. Casou en 1980 co cineasta Louis Malle. Foi nominada ao Oscar como mellor actriz secundaria por Starting Over (Comezar de novo, 1979). Recibiu numerosos premios polo seu traballo na serie televisiva Murphy Brown. Outros traballos seus son: The Group (O grupo, 1965), Soldier Blue (Soldado Azul, 1970), The Hunting Party (Caza implacable, 1971), Rich and Famous (Ricas e afamadas, 1980) e Stick (Xogar duro, 1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Narrador e poeta alemán. A súa obra caracterizouse pola riqueza anecdótica e por un concepto optimista da actividade creadora. Cómpre remarcar a novela Der Grosstyrann und das Gericht (O gran tirano e o tribunal, 1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbas perennes da familia das saxifragáceas que presentan rizomas, follas sinxelas, enteiras, carnosas e de bordo finamente dentado, e flores de cinco pétalos de cor rosa e dispostas en acios. Orixinario de Siberia, foi introducido en Europa no século XVIII e está presente en Galicia como ornamental.
-
PERSOEIRO
Físico norteamericano de orixe holandesa. Estudiou na Universidade de Utrecht, e no ano 1946 preparouse en Harvard. Doutorouse na Universidade de Leiden en 1948 e volveu a Harvard. No ano 1958 nacionalizouse norteamericano. Estudiou o uso dos raios láser para a transmisión da información. Obtivo o Premio Nobel de Física en 1981 xunto con K. M. Siegbahn e A. L. Schawlow, pola súa contribución á espectroscopia de láser, máser e electróns.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do arquipélago de Svalbard, a máis grande das Spitzbergen (39.043 km2). É a máis occidental, e ata 1969 foi coñecida co nome de Westspitzbergen. Os ricos xacementos de hulla en Isfjorden deron orixe aos centros de Longyearbyen, capital do arquipélago, de Grumantbyen e de Baretsburg.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación das catro illas principais do arquipélago de Svalbard: Spitzbergen, Nordaustlandet, Edge, Barents e o illote de Prins Karls Forland.
-
PERSOEIRO
Economista. Especialista en modelos econométricos, estudou cuantitativamente os resultados das medidas de política económica. Das súas obras destacan The Dinamics of Business Cycles (1950), On the Theory of Economic Policy (1952), Developement Plannig (1968) e Income distribution (1975). Recibiu, xunto con Ragnar Frish, o Premio Nobel de Economía en 1969.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Etólogo. Investigou a psicoloxía animal e estableceu o valor do estímulo como signo, no sentido de que os sinais transmitidos polos animais inclúen secuencias de conduta, que denominou mecanismo innato de liberación, relacionado coa existencia dunha unidade coordinadora no sistema nervioso. Destacan The Study of Instinct (1954) e The Animal in Its World. Field Studies (1932-1972). En 1973 recibiu, xunto con Konrad Lorenz, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina.
VER O DETALLE DO TERMO