Bergen
Bergen
Capital do fylke de Hordaland, Noruega, situada á beira do Vågenfjord (224.130 h [1997]). Érguese nunha pequena chaira litoral bordeada de outeiros que dificultan a expansión urbana, estendéndose polo estreito que divide o fiorde, onde están as instalacións portuarias. Fundada cara ao 1070 por Olavo III e chamada Bjorgvin, foi a cidade máis importante de Noruega durante a Idade Media. Desde o s XIV formou parte da liga hanseática. É sede dunha das universidades de maior prestixio da Península Escandinava. Foi escollida, canda Santiago de Compostela e outras sete cidades, Cidade Europea da Cultura do ano 2000.