"Bergondo" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Bergondo baixo adocación de san Salvador, onde se atopa a capital municipal, a aldea de Carrío.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca e da provincia da Coruña situado na marxe esquerda da ría de Betanzos, no NO da Comunidade Autónoma de Galicia (43° 18’ 5’’ de latitude N e 8° 13’ 7’’ de lonxitude O). Limita ao N coa ría de Betanzos, ao L co concello de Paderne (comarca de Betanzos), ao S co concello de Betanzos (Betanzos) e ao O cos de Sada, Abegondo e Cambre (A Coruña) . Abrangue unha superficie de 32km 2 cunha poboación de 6.540 h (2007), distribuídos nas parroquias de Bergondo, Cortiñán, Guísamo, Lubre, Moruxo, Ouces, Rois, Santa María de Babío e Vixoi. A capital municipal, a aldea de Carrío, localizada na parroquia de Bergondo. Dista 22 km da Coruña e 63 km de Santiago de Compostela e está adscrito ao partido xudicial de Betanzos e á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Bergondo está baixo o dominio climático oceánico húmido. As precipitacións medias anuais non adoitan superar os 1.000 mm e a temperatura media anual sitúase en 14°C. Esta suavidade térmica... -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo cenobio situado no concello de Bergondo. Aínda que se descoñece a data da súa fundación, sábese que xa existía no 1138, data na que Afonso VII lle outorgou numerosos privilexios reais. Poucos anos máis tarde protagonizou un preito co arcebispo compostelán sobre os dereitos de pesca dos seus vasalos no río Mandeo. No 1256 foi acollido por Afonso X baixo a súa protección. Tras sufrir un incendio en 1338, foi restaurado por Fernán Pérez de Andrade e finalmente, coa reforma monástica dos Reis Católicos, foi anexionado por San Martiño Pinario como priorado. A actual igrexa parroquial é románica, da segunda metade do s XII. De planta basilical, presenta unha disposición de tres naves que se corresponden con outras tantas ábsidas na cabeceira. A cuberta da nave é de madeira a dúas augas, mentres que as ábsidas teñen bóveda de canón rematada nun cuarto de esfera. No interior alberga mostras de escultura funeraria da época. A carón do templo persisten as dependencias do antigo convento convertidas...