"Bermúdez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28.

  • GALICIA

    Político e matemático. Despois de estudar na Escuela de Ingenieros Civiles de Madrid, de onde foi expulsado, regresou á súa terra e iniciou a súa andaina no movemento republicano de Galicia. Interveu no proceso revolucionario de 1848 e na revolución de 1854. Durante o bienio progresista (1854-1856) estivo á fronte do Batallón de Ligeros, os chamados señoritos, da Milicia Nacional. Oposto a O’Donell, estivo exiliado e, ao seu regreso, dedicouse ao ensino das Matemáticas; non obstante tras participar nos sucesos de 1866 marchou novamente ao exilio. Deputado nas Cortes trala revolución de 1868 foi ministro de Ultramar no goberno do xeneral Prim (1869-1870), e ministro de Fomento con Ruiz Zorrilla (1873). Membro do partido fusionista de Sagasta ocupou de novo o ministerio de Ultramar (1888, 1890 e 1894). Foi membro da Academia de Ciencias Morales y Políticas (1855) e fillo predilecto da provincia de Lugo (1888). Escribiu Imperio Ibérico. Sus grandezas y decadencias, su influencia en el progreso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e poeta. Na súa produción destaca a obra El sastre del Campillo (1624) e os poemas épicos de tema relixioso como La vida del padre maestro Ignacio de Loyola (1609).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de tipo patronímico. Formouse a partir do nome persoal de orixe xermánica Bermudo, variante gráfica de Vermudo, que procede das voces góticas baira ‘xabaril’ e munds ‘axuda, protección’. Como apelido xa se documenta no s X: “Gugina Veremudiz” (doc ano 929 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 368), “Egika Vermudiz” (doc ano 998 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 368).

    2. Liñaxe natural da parroquia de Montaos, en Ordes. Unha rama estableceuse no val de Nogueira, en Bergantiños; outra deu orixe á poderosa casa-fortaleza da Penela. Tamén se estableceron en Negreira, Betanzos e Verín. Os da casa de Allo, partido de Corcubión, pasaron ao Nuevo Reino de Granada. Os Bermúdez de Castro foron moi poderosos en Montemaior, Laracha, disque teñen como tronco os Suero Bermúdez de Montaos, proxenitores de Inés Bermúdez, quen casou con Fernando Ruiz de Castro, fillo ilexítimo do conde de Lemos. Deste xeito ambos xunguiron definitivamente os dous apelidos, recaendo neles o marquesado de Montaos. Espalláronse por toda España e América, fundando casas en Zaragoza, Segovia, Ciudad Real, Albacete, Castropol ou Palos de Moguer, de onde pasaron a Lima; dos da Pobra do Caramiñal e Mondoñedo proceden os do Nuevo Reino de Granada. As súas armas levan escudo axadrezado de ouro e goles. Outra variante ostenta axedrezado de prata e goles: oito xadreces de goles e sete de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e poeta romántico. Foi representante español en México (1844-1847), Nápoles (1864) e París (1865). Recolleu as súas poesías en Ensayos poéticos (1840), onde usou preferentemente un tipo de oitava chamada bermudina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Director do Museo Nacional de Ciencias Naturais. Membro do equipo que investiga dende 1990 o xacemento mesoplistocénico de Atapuerca (Burgos), onde se especializou na dentición fósil. En colaboración con Emiliano Aguirre e Eudald Carbonell coordinou El Hombre fósil de Ibeas y el Pleistoceno de la Sierra de Atapuerca (1987). En 1997 obtivo o Premio Príncipe de Asturias na modalidade de investigación e ciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e escritor. Despois de percorrer Portugal, Francia e numerosos países de África, ingresou na orde de San Domingos. Estudiou grego e latín, e coñecía o hebreo, o árabe e as linguas dos países nos que estivo. Escribiu as traxedias Nise lastimosa e Nise laureada, publicadas en 1577. O argumento está baseado nos amores entre Inés de Castro e o infante Pedro de Portugal. Escribiu tamén Hesperodia, un poema escrito en dísticos latinos dedicado ás vitorias do duque de Alba Fernando Álvarez de Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño. Ingresou na Armada en 1751 acadando o grao de alférez de fragata en 1754 e o de tenente xeneral en 1809. En 1762 participou no sitio de La Habana e en 1774 foi nomeado comandante do arsenal de Cavite. En 1797 estivo á fronte das compañías de gardamariñas, participando nas baterías do arsenal da Carraca (Cádiz) e na rendición da escuadra francesa do almirante Rosilly (1808). Foi ministro do Tribunal Especial de Guerra e Mariña (1811).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escudeiro da Real Audiencia da Coruña. Casou en 1599 con María Pita, da que foi o cuarto e derradeiro home. Mantivo litixios con Francisco González de Lesta e cos seus fillos pola posesión do Coto de Lendoño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Preocupado polo debuxo e a luz, realizou paixases con escenas costumistas de ámbito galego. O seu paisaxismo está vinculado con Sorolla, a quen coñecía das visitas ao seu obradoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e actor. Coñecido nos ambientes artísticos como Jambrina, escribiu diversas composicións poéticas, unhas aparecidas na Revista Gallega e outras reseñadas por Uxío Carré Aldao e Antonio Couceiro Freijomil. Non obstante , a súa principal achega á normalización cultural, que se iniciou a principios de século, terá lugar no eido das artes escénicas, pois foi un dos máis importantes animadores da Escuela Regional de Declamación, participando nos espectáculos Filla...! (1903), A Ponte (1903), Minia (1904) e Mareiras (1904). En 1905 a Revista Gallega informaba dos problemas internos da compañía e anunciaba a marcha a Madrid de Bernardo, contratado pola Compañía de Borrás, habitual na programación do Teatro Principal da Coruña. Xunto con Eduardo Sánchez Miño, con quen coincidiría na Escuela Regional de Declamación, sería un dos primeiros actores con vocación e proxección profesional en Galicia. Entre a súa produción literaria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Teólogo, canonista e orador. Foi bispo de Astorga (1729). Publicou numerosos sermóns relacionados con Santiago de Compostela e deixou manuscrita Historia del Apóstol Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Indiano. Chegou á Banda Oriental do Río de la Plata como soldado; sen embargo, trala súa invalidez instalouse alí como un dos poboadores de Montevideo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada no concello da Pobra do Caramiñal, na antiga Poboa do Deán. Consérvase a torre e unha casa do s XVI de estilo plateresco. Alberga no seu interior o Museo Valle Inclán e a Casa da Cultura. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e político. Foi embaixador español en Constantinopla (1820-1823), Londres (1824), Dresden (1825-1827) e, de novo, Londres (1827-1832). Alternou a política exterior cun breve período como secretario de Estado (1824-1825) pero abandonouna definitivamente o 1 de outubro de 1832, tralos sucesos de La Granja, cando María Cristina lle encargou a formación do novo goberno. Confirmado no cargo á morte de Fernando VII, en setembro de 1833, continuou a súa política encamiñada a manter as institucións introducindo reformas liberais. Martínez de la Rosa substituíno en xaneiro de 1834.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e crítico de arte. Cultivou o debuxo e a pintura no taller de Juan Espinal en Sevilla e despois con Rafael Mengs en Madrid. Animado por Jovellanos, dedicouse á investigación. Publicou Dicionario de los más ilustres profesores de bellas artes en España (1800), Noticias de los arquitectos y la arquitectura en España (1829) e un gran número de estudios e monografías. Foi membro da Real Academia de Historia, da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Academia San Luis de Zaragoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Estudiou maxisterio e oficialía industrial. Profesor de escultura en Houston (EE UU), comezou a expoñer en Ourense en 1971. Inicialmente, a súa obra acadou un certo expresionismo con figuras tendentes á deformación; posteriormente realizou personaxes voluminosas de carácter realista. Entre as súas obras destacan as cabezas monumentais de Valle-Inclán e Suárez Ferrín (A Coruña) e de Pablo Iglesias (Ourense), Caronte para o Parque Escultórico Torre de Hércules (A Coruña), o Monumento ao traballo (Vigo, 1991) e A Pementeira (Padrón, 2001). Realizou exposicións nas principais cidades galegas, en Madrid e Barcelona, e participou en diversas mostras colectivas, como as bienais de Pontevedra ou as exposicións do ministerio de Cultura. Ten obra en diversos museos de Galicia, Madrid e Sudamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mañufe (Gondomar). Fundouse, segundo unha inscrición conservada no lintel da porta, en 1757. Ten planta rectangular con baixo, destinado a adega, e piso. Conserva un pequeno patín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor. Licenciado en Leis, foi catedrático de Decretais na Universidade de Santiago de Compostela e xuíz subdelegado de imprentas e librerías en Galicia. En 1810 Fernando VII nomeouno conselleiro de Estado. Na lexislatura 1810-1813 foi deputado pola provincia de Santiago e defendeu nas Cortes a restauración da monarquía absoluta. Foi autor de Pensamientos militares de un paisano (1809) e Último recurso de la Nación Española para conservar su existencia política, deducido de la historia de nuestras regencias (1813).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, onde se especializou en debuxo, e aprendeu a técnica do gravado en Lugo. Realizou as ilustracións de La tierra y el mar e participou en numerosas mostras. En 1946 recibiu o primeiro premio do Concurso Provincial de Pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO