Conde Bermúdez, Ramón Ángel
Escultor. Estudiou maxisterio e oficialía industrial. Profesor de escultura en Houston (EE UU), comezou a expoñer en Ourense en 1971. Inicialmente, a súa obra acadou un certo expresionismo con figuras tendentes á deformación; posteriormente realizou personaxes voluminosas de carácter realista. Entre as súas obras destacan as cabezas monumentais de Valle-Inclán e Suárez Ferrín (A Coruña) e de Pablo Iglesias (Ourense), Caronte para o Parque Escultórico Torre de Hércules (A Coruña), o Monumento ao traballo (Vigo, 1991) e A Pementeira (Padrón, 2001). Realizou exposicións nas principais cidades galegas, en Madrid e Barcelona, e participou en diversas mostras colectivas, como as bienais de Pontevedra ou as exposicións do ministerio de Cultura. Ten obra en diversos museos de Galicia, Madrid e Sudamérica.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ourense