"Berna" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 227.

  • Bernaldo de Bolea e de Portugal .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta epigramático coñecido tamén polo seu pseudónimo Unico Aretino. As súas obras foron recopiladas baixo o título de Comedie, capitolie, strammoli (1513).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito castelán. Coñecedor das linguas clásicas e orientais, centrou o seu interese na arqueoloxía e na lingüística. Escribiu Del origen y principio de la lengua castellana o romance que hoy se usa en España (1606) e Varias antigüedades de España, África y otras provincias (1614).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Alexandre de París (ss XII - XIII) Poeta francés. Interveu na elaboración do Roman d´Alexandre, da que reescribiu a primeira parte, uniu a cuarta desas partes -na que se trata a morte do protagonista- e traballou sobre o resto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bernardo Alfageme Pérez instalou a súa primeira fábrica de enlatado de anchoas en Candás (Asturias) no 1873. Anos despois, en 1915, o seu fillo, Hermenegildo Alfageme Fernández de Luanco, instalou unha nave en Vigo, unha das máis prósperas en canto á industria conserveira e de salgadura de España. No 1931 abriu unha nova fábrica nesta mesma cidade, na avenida de Tomás A. Alonso, en Bouzas, que se convertería na instalación máis moderna da época. Bernardo Alfageme SA é unha das empresas punteiras no mundo das conservas de peixe, marisco e pratos preparados. En Galicia, conta con tres plantas elaboradoras situadas en Vigo, Cambados e O Grove. Está presente con máis de 100 especialidades distintas en todo o mercado nacional coa súa marca Miau, líder do sector en calamares, sardiñas e mexillón grazas a unha coidada selección das materias primas orixinarias das rías galegas, e colíder no mercado da anchoa. Exporta a importantes mercados internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora coñecida polo seu pseudónimo An Alfaya. Realizou os estudios de maxisterio, criminoloxía e detective privado. Cultiva a narrativa curta, o teatro, o relato e a poesía. Participa na fundación do Teatro Avento de Vigo e no 1989 recibe un accéssit na Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós pola súa obra Bua-bua-requetebua, para gañar no 1991 o primeiro premio deste certame con O maquinista Antón, xunto co segundo premio no certame Meigas e Trasgos con Noite de meigallos. En castelán gañou dous accéssit nos premios Ciudad de San Sebastián e ASEJE, coas pezas para adultos El uno y el otro (1991) e La danza del paraguas (1995), respectivamente. No eido da novela infantil publicou en galego O caderno azul (1996) e Sireno, Sireno! (Premio Merlín 1997); en castelán publicou Tita (1997). En galego ten os contos Os morcegos, Auga varrida, O escondedoiro, e en castelán Querer es...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico holandés. Especialista en estudios bíblicos, foi catedrático de eséxese bíblica na universidade de Nimega (1945), Arcebispo-coadxutor (1951) e Arcebispo residencial de Utrecht (1955). Nomeado Cardeal por Xoán XXIII (1960), impulsou a aplicación das directrices conciliares mediante De Niewe Katechismus (O novo catecismo), e a plena e activa participación de diversos estamentos da Igrexa dos Países Baixos. Renunciu á súa sede no 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joseba Irazu Garmendia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta castelán. É o autor das obras El Bernardo o La Victoria de Roncesvalles (1624), poema épico erudito, Grandeza mexicana (1604), poema descritivo, e El siglo de oro en las selvas de Erífile (1607), recompilación de 12 églogas en verso e prosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Foi abade de Guastalla e, posteriormente, embaixador do duque de Urbino en Venecia. Matemático, filólogo, biógrafo e tradutor de textos clásicos, destacou sobre todo polas súas obras poéticas: Nautica (1585) e Egloghe (1590).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e poeta. Desempeñou os oficios de xornalista e arquiveiro. Militante do Partido Republicano, foi secretario do Comité Revolucionario de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu o xornal La Revolución e a revista Galicia Diplomática. Pola súa actividade política, exiliouse dúas veces na Arxentina. Colaborou en distintas publicacións (El Heraldo Gallego, Gaceta de Galicia, Revista Compostelana e Diario de Santiago). Como historiador publicou, entre outras obras, Efemérides de Galicia (1877), Testimonio de la capitalidad de Galicia (1882) e Guía histórica, arqueológica y militar de la antigua capital de Galicia, Santiago (1885). En canto ao eido literario, os seus primeiros traballos apareceron en La Estrella Compostelana e La Aurora de Galicia. É autor do poema en galego “O desterro (Camiño de Portugal)” (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e financeiro norteamericano. Especialista en economía bélica, representou aos EE UU na comisión de reparacións de guerra do 1918, e durante a Segunda Guerra Mundial foi o presidente da xunta de industrias de guerra. Colaborou dende o 1939 co secretario de estado Byrnes, e dende o 1943 foi membro do brains trust (trust dos cerebros) de Roosvelt. En 1946 foi nomeado representante dos EE UU na comisión de enerxía atómica da ONU, onde presentou o coñecido plan Baruch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador italiano. Coñecido polo nome de Canaletto. Sobriño e discípulo de Giovanni Antonio Canal. As súas obras, nas que se reproducen vistas de diversas cidades, son dun estilo semellante ás do seu tío e a miúdo confundíanse coas súas, a pesar da superioridade artística de Canal. O seu estilo é máis sombrío, describindo as aglomeracións de xente como as paisaxes nórdicas. As súas vistas de Varsovia serviron na reconstrución da cidade trala Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e actor. Coñecido nos ambientes artísticos como Jambrina, escribiu diversas composicións poéticas, unhas aparecidas na Revista Gallega e outras reseñadas por Uxío Carré Aldao e Antonio Couceiro Freijomil. Non obstante , a súa principal achega á normalización cultural, que se iniciou a principios de século, terá lugar no eido das artes escénicas, pois foi un dos máis importantes animadores da Escuela Regional de Declamación, participando nos espectáculos Filla...! (1903), A Ponte (1903), Minia (1904) e Mareiras (1904). En 1905 a Revista Gallega informaba dos problemas internos da compañía e anunciaba a marcha a Madrid de Bernardo, contratado pola Compañía de Borrás, habitual na programación do Teatro Principal da Coruña. Xunto con Eduardo Sánchez Miño, con quen coincidiría na Escuela Regional de Declamación, sería un dos primeiros actores con vocación e proxección profesional en Galicia. Entre a súa produción literaria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Suíza e do cantón de Berna, á beira do río Aare (124.412 h; 317.074 h na aglomeración urbana [1998]). O primitivo núcleo urbano, Nydeck, estableceuse nun outeiro que dominaba o río. As principais funcións de Berna son a administrativa, derivada do seu carácter de capital confederal helvética, e a cultural. Nesta última destacan dotacións museísticas como o Historisches Museum ou o Kunstmuseum, bibliotecas como a Schweizer Landesbibliothek e centros de ensino superior como a Universidade de Berna, fundada en 1834. A poboación activa traballa, maioritariamente, no sector terciario. Berna, caracterizada polas súas rúas con soportais do s XVIII, conta ademais como elementos sobranceiros do seu patrimonio arquitectónico coa catedral (1421-1573) e o portal da Zeitglockenturm (Torre do Reloxo), de estilo gótico. Fundada en 1191 polo duque Bertold V de Zähringen e cidade imperial desde 1218, Berna entrou dentro da Confederación Helvética no ano 1353. A partir das guerras da Reforma (1528),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CANTÓNS

    Cantón de Suíza (5.959 km2; 938.647 h [estim 1998]). A capital é Berna. Comprende o Oberland, área alpina de economía gandeira e forestal, e o Mittelland, que envolve a cidade de Berna, cun relevo de outeiros e de economía agrícola e industrial. Ata 1977 comprendía tamén o Jura bernés, que ese ano se converteu nun novo cantón suízo (Jura). A historia política do cantón confúndese, ata o triunfo do movemento liberal (1831), coa historia política da cidade de Berna, a súa capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do nome persoal Bernabeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo os Feitos dos Apóstolos, levita orixinario de Chipre. Presentou a Saulo aos apóstolos en Xerusalén, e despois acompañouno na súa primeira viaxe. Predicou o evanxeo en Chipre e Asia Menor. A súa festa celébrase o 11 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do nome persoal Bernabeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome masculino procedente do arameo bar ‘fillo’ e nabwh ‘profecía’; xa que logo, ‘fillo da profecía, profeta’. Este nome latinizouse en Barnabas e chegou a nós a través do francés Barnabé, mudando o a tónico en é.   Como antropónimo presenta as variantes: Bernabel, Barnabeu e Bernabé. Segundo os Feitos dos Apóstolos, Bernabeu foi o sobrenome que lle puxeron a Xosé Halevi, xudeu de Chipre, co significado de ‘fillo da profecía’</I

    VER O DETALLE DO TERMO