Baruch, Bernard Mannes

Baruch, Bernard Mannes

Político e financeiro norteamericano. Especialista en economía bélica, representou aos EE UU na comisión de reparacións de guerra do 1918, e durante a Segunda Guerra Mundial foi o presidente da xunta de industrias de guerra. Colaborou dende o 1939 co secretario de estado Byrnes, e dende o 1943 foi membro do brains trust (trust dos cerebros) de Roosvelt. En 1946 foi nomeado representante dos EE UU na comisión de enerxía atómica da ONU, onde presentou o coñecido plan Baruch.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Camden, Carolina do Sur

  • Deceso

    Lugar : Nova York