"Bernaldo" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 19.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bernaldo de Bolea e de Portugal .
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Vello (s XI) Mestre de cantería. Xunto con Roberto, iniciou as obras da Catedral de Santiago de Compostela no ano 1075, baixo o patrocinio do bispo Peláez. De posible orixe francesa, dirixía un obradoiro duns cincuenta canteiros cos que levantou as tres capelas centrais do deambulatorio da catedral santiaguesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Novo (s XII) Cóengo da Catedral de Santiago de Compostela. Foi tesoureiro do bispo Xelmírez e administrador de Afonso VII. En 1109 fíxose cargo das obras da Catedral, organizou a capela maior e a portada occidental e cubriu as bóvedas do cruceiro e da nave principal. Suponse que é fillo do mestre Estevo e neto de Bernaldo o Vello.
-
-
Relativo ou pertencente á orde de san Bernaldo.
-
Monxe ou monxa da orde de san Bernaldo.
-
A orde de san Bernaldo.
-
-
FILOSOFOS
Filósofo francés. Foi o primeiro dos mestres da escola de Chartres. Realista extremo no problema dos universais, o seu platonismo foi modificado por outras influencias (Séneca, Boecio, santo Agostiño), e polas conclusións das súas análises de índole lóxico-gramatical. A súa doutrina coñeceuse a través de Xoán de Salisbury.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Abade e reformador cisterciense. En 1112 entrou no mosteiro de Císter (Citeaux). En 1115 fundou o mosteiro de Clairvaux (Claraval), que gobernaría deica á súa morte. Puxo a orde ao servizo do papado, intervindo nos asuntos políticos e relixiosos da época: fixo campaña a favor do Papa Inocencio II contra o antipapa Anacleto; no 1146 predicou en Vezelay a segunda cruzada (1147-1148). Foi adversario doutrinal de Abelardo (Concilio de Sens de 1141) e de Gilbert de la Porrée (Concilio de Reims de 1148); polemizou cos cluniacenses; escribiu contra os cátaros de Colonia e refutou os de Languedoc. Foi un dos propagadores do culto a María, defendendo a súa maternidade virxinal aínda que sen aceptar a Inmaculada Concepción, o que motivou que moitas igrexas fundadas polos cistercienses estivesen baixo a advocación de santa María. Así mesmo, malia a súa aversión á arte, especialmente á escultura, proscrita nos templos do Císter enriqueceu a iconografía mariana. A súa reforma litúrxica constitúe un...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcediago da sé de Aosta (966), restaurou o hospital do Gran San Bernaldo, fundado co fin de atender os peregrinos a Roma. Foi canonizado en 1681 e nomeado patrón dos alpinistas en 1923. A súa festa celébrase o 15 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e sociólogo. Estudiou Dereito na Universidade de Madrid. Participou na fundación da Escola de Criminoloxía (1903), da que foi catedrático. Traballou no Instituto de Reformas Sociais e foi enviado a Galicia en 1921 para estudar os foros agrarios. En 1931 foi nomeado membro da comisión encargada de estudar a reforma agraria e xefe do servizo de Política Agraria do ministerio de Traballo. Exiliado en 1939 en Hispanoamérica, foi profesor nas universidades de La Habana, Santo Domingo e México. Entre as súas obras destacan: Acerca del delito y la pena (1904), Nuevas teorías de la criminalidad (1918), Derechos sociales de los campesinos (1918), El problema de los foros en el Noroeste de España (1923), Derecho social (1932), Criminalidad del campo andaluz: el bandolerismo (1934) e El bandolerismo en España y México (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcediago de Santiago de Compostela. En 1194 subscribiu a concordia celebrada coa Igrexa de Lugo sobre os Votos de Santiago, que esta se negaba a pagar. En 1200 marchou a Roma onde obtivo un posto como xurista xunto ao Papa Inocencio III. É autor do Breviarium decretalium Inocentii III (Breviario do decreto de Inocencio III) e das Glosae in Decretales (Glosas sobre decretos).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e canonista, chamado hispano, gallego ou brigantius. Capelán de Alexandre IV, foi cóengo e arcediago de Santiago de Compostela, posteriormente marchou a Roma ao non ser aceptado como sucesor do arcebispo Xoán Arias e foi auditor de Clemente IV e cóengo na Universidade de Boloña, onde se pensa que morreu. Atribúenselle as seguintes obras: Apparatus in quinque libros Decretalium, a chamada Margarita Compostellana que se identifica co Breviarium juris canonici, Lectura aurea super primum librum Decretalium, Casus super Decretales libris V, Apparatus in Decretales, Summa questioum ex Decretalibus, Notabilia novae compilationis Decratalium Gregorii IX et in deffinitionibus reubricarum a Godofredo compositis e Appostillae in Codicem et Digestum.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Orde Cisterciense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do xermánico Bernhard, formado por berin ‘oso’, metaforicamente ‘guerreiro astuto’ e hard ‘forte, atrevido’; xa que logo ‘o guerreiro forte e audaz’. Trátase dunha derivación de Bernald ‘oso (guerreiro) vello, ilustre’. Na Idade Media foi nome frecuente tanto con esta forma, Bernaldo, coma coa apocopada Bernal; co tempo ambas as formas pasaron a empregarse como apelido pervivindo aínda hoxe a forma Bernal. Como antropónimo presenta as variantes Bernal, Bernardo/Bernarda e, como hipocorísticos, Nardo, Narducho, Nucho e Nare. San Bernaldo de Claraval (1090-1153) foi o frade borgoñón que reformou a orde do Císter. É titular dunha parroquia e a súa festa celébrase o 20 de agosto e o 30 de novembro. Na tradición oral recóllese abondosa fraseoloxía referente a este santo: “Ser coma a espada de Bernardo” dise sobre todo por terras de Fisterra e significa non servir...
-
GALICIA
Xornalista e político. Desenvolveu unha intensa loita política en Vigo, a onde chegara en 1902. Dende o conservadurismo monárquico (en 1918 era secretario do comité maurista), orientouse cara ao agrarismo galego para rematar próximo ao rexionalismo e ao galeguismo moderado. Publicou Tratado de viguismo o resumen histórico de los diez últimos años de la monarquía española en Vigo, 1921-1931 e Servicios de un orensano en Vigo. Colaborou tamén no xornal vigués Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Vicechanceler da coroa aragonesa (1562-1581). Foi visitador do estado de Milán e acompañou ao futuro Filipe II de Castela a Flandres (1548). Foi tamén rexente do consello de Aragón, gobernador de Portugal e vicerrei de Nápoles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Entallador. Foi o introdutor da columna salomónica no barroco galego. En 1625, sendo veciño de Oseira, realizou o antigo retablo da antiga capela dos Reis, hoxe capela das Reliquias, na catedral de Santiago de Compostela. Na mesma catedral, xunto a Gregorio Español, fixo en 1628 o retablo para a capela da Azucena ou capela de dona Mencía de Andrade. Na cidade compostelá realizou as seguintes obras: en 1631 a reforma do retablo da capela maior do convento agostiño da Nosa Señora da Cerca, en 1636 o retablo da capela da confraría da Concepción ou da Prima, en 1639 o retablo principal da igrexa de San Miguel dos Agros, en 1657 o retablo da capela maior do Hospital Real, e, entre 1659 e 1663, traballou de novo na catedral nas obras do novo retablo da capela maior. Fóra de Santiago de Compostela realizou os seguintes retablos: en 1627 o da capela de Xerónimo de Sarabia no convento de San Francisco de Vigo, en 1631 o da capela maior do mosteiro de San Xoán de Poio, en 1640 os de santo Andrés...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bispo. Realizou estudios en Salamanca, foi provisor desta cidade e de Toledo, membro do Consello de Indias e bispo da diocese de Calahorra, cargo que lle permitiu participar no Concilio de Trento. Destacado canonista, publicou, entre outras obras, Instrución de prelados (1530), Soliloquios entre Dios y el alma e De la piedad.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Condenado á fogueira pola Inquisición, fuxiu a Portugal e instalouse en Braga. Publicou Verdaderas ganancias que se dan a los buenos en el Reino de Dios y verdaderas perdiciones que se dan a los malos en ambos infiernos (1632).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Realizou, entre outras obras, custodias para as igrexas tudenses e o retablo lateral dedicado a San Vicente na igrexa de San Domingos de Tui (1798).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e montañeiro, marqués de Villaviciosa de Asturias. Primeiro medallista olímpico español, obtivo a medalla de prata en tiro na II Olimpíada (París 1900). Impulsor do Parque Nacional de Covadonga, foi o primeiro en escalar o Naranjo de Bulnes, con Gregorio Pérez (1904). Escribiu El Naranjo de Bulnes. Peña Santa (1919) e Política al alcance de todos (1919).
VER O DETALLE DO TERMO