British Museum
Museo nacional británico de arqueoloxía e antigüidades situado en Londres. Forma un conxunto complexo. Foi creado por unha lei do Parlamento en 1753 cando o goberno británico mercou a colección do naturalista sir Hans Sloane composta por libros, debuxos, manuscritos, cadros, moedas e outros obxectos. Os fondos reuníronse en dous terreos diferentes: a colección de documentos históricos e a investigación da natureza. Máis adiante adquiriu as súas ricas coleccións da antigüidade grega, romana, exipcia e oriental, ademais dunha gran colección de debuxos. Aínda que as seccións científicas foron enviadas a outros lugares (Geological Museum, British Museum of Natural History en 1881), o museo continúa concentrando unha colección histórica e artística que é única no seu alcance. A súa colección literaria foi a base da British Library, a biblioteca nacional británica.