British Overseas Airways Corporation

British Overseas Airways Corporation
Nome científico: [BOAC]

Compañía de aviación británica procedente da fusión, no 1939, da Imperial Airways e da British Airways. Requisada durante a Segunda Guerra Mundial, volveu ás actividades civís no 1946 e estendeu a súa rede aérea polos países da Commonwealth e de América do Norte. No 1973 quedou integrada na British Airways.