British Petroleum Company Limited

British Petroleum Company Limited
Nome científico: [BP]

Empresa fundada no 1954 en Londres co obxecto de obter, explotar e refinar petróleo e derivados, sucesora da Anglo-Iranian Oil Company. Estaba controlada polo estado británico ata que en 1979 o goberno desnacionalizou a compañía e puxo en venda unha parte da súa participación maioritaria. Participa na explotación dos xacementos do mar do Norte e ten concesións petrolíferas en diferentes países.