"Bes" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 224.

    1. Labor que consiste en facer sucos paralelos na terra co arado.

    2. Primeiro suco que se abre na terra ao comezar o traballo de labradío.

    3. Xugada ou parella de bois de labor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe aparecida o 12 de outubro de 1990 e subtitulada “Revista galega da Expo´92”. Estivo dirixida por Xavier Navaza, os seus redactores-xefes foron: Alfonso Freire e Montse Castro. Entre as súas colaboracións están as de Marisol Vence, Elena Goyanes, Xavier Costa Clavell, Mariño Ferro, Carlos Villanueva e Luís Mariño. Os responsables da súa fotografía foron: Xurxo Lobato, Lalo Villar, Tono Arias e Alberto Novoa. G. Carro e Quesada tratan o humor. Nas diversas seccións como “Quinto Centenario”, “Xacobeo 93”, “Música”, “Moda” e “Letras” tratáronse novas sobre o Pavillón de Galicia na Expo de 1992 e o Ano Santo Compostelán 1993, promocionando a imaxe de Galicia. E mesmo se editou un exemplar-resumo da revista en inglés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que tivo a súa casa orixinaria en Ferrol. Presenta a variante gráfica Abisedo. Relacionado con esta caste está tamén o apelido Abiseiro. As súas armas levan, sobre campo de azur, un moucho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que tivo a súa casa orixinaria na Coruña e que presenta como variante gráfica Abesantado. Relacionados con esta caste están tamén os apelidos Abesantar e Abesentar. As súas armas levan, sobre campo de goles, escudo con cinco bezantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. abellón.

    2. Instrumento que imita o zunido do abellón e que se emprega como xoguete infantil.

    3. Que molesta continuamente, tanto polo que di como polo que fai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olverse bruto ou facerse semellante a unha besta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Observar, interesarse ou entremeterse no alleo con disimulo e sen ser visto.

    2. Provocar nunha persoa molestias, desgustos ou sensacións semellantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que adoita informarse dos asuntos alleos con disimulo.

    2. Que causa molestia ou fastío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador probablemente portugués. Son case inexistentes os datos documentais que temos deste autor, quizais por pertencer a unha familia da pequena nobreza de escasa relevancia social. Non obstante , a súa presenza nun documento de 1290, nunha doazón de Martin Gil de Riba de Vizela ao mosteiro de San Vicente de Fora en Lisboa, permite un mínimo achegamento á súa reconstrución biográfica. Co estalo da Guerra Civil, entre os anos 1247-1253, exiliouse á Corte castelá de Fernando III, integrado no séquito de Gil Martins de Riba de Vizela, home de confianza do Rei deposto, Sancho II. Despois dunha probable participación nas campañas andaluzas, volveu a Portugal; entre os anos 1264-1275 e 1281-1285 frecuentou a Corte castelá de Afonso X, acompañando a Gil Martins e a Martin Gil, respectivamente. Atribúenselle catorce composicións: nove cantigas de amor, dúas cantigas de amigo, dous escarnios políticos e un escarnio persoal. Cinco das súas cantigas de amor constan dunha única cobra, polo que é...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo o dereito musulmán, constitución de bens en usufruto a beneficio de determinadas persoas ou entidades, especialmente benéficas, mesquitas, hospitais ou para axuda dos pobres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Delfinado s XII) Poeta influenciado polas obras latinas de Julius Valderius (s IV) e do Arcipreste Leo (s X), que foi o primeiro en escribir nunha lingua románica sobre Alexandre o Grande, modelo cabaleiresco durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade provenzal, no departamento francés dos Alpes Marítimos, situado na Costa Azul, preto do cabo de Antibes (70.005 h [1990]). O seu principal recurso económico é o turismo. O antigo castelo dos Corimaldi (ss XIV e XV) é sede dun museo de arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta características arábigas.

      1. Composicións obtidas polo encadeamento e pola enxeñosa disposición de liñas non figurativas. Trátase dun tipo de ornamentación que semella evocar a noción de reiteración, de retorno sobre si mesmo, emparentada co ornamentalismo celtoxermánico, a arte irlandesa e a viquinga, e con certas formas orientais e arcaicas da Mesopotamia e da arte exea pregrega. En literatura asóciase cun tipo de imaxe abstracta e simbólica, segundo a denominación imposta por Charles Bruneau a partir dunha pasaxe de Theophile Gautier.

      2. Liña imaxinaria que nunha obra artística une os diversos puntos vitais da composición.

    2. En ballet, posición do corpo na que se sostén sobre unha soa perna e se mantén a outra levantada e estendida cara a atrás, mentres os brazos continúan a liña da perna levantada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, crítico e xornalista checo. Da súa narrativa, caracterizada polo realismo psicolóxico, destacan as súas novelas breves, como Newton udot mozek (O cerebro de Newton, 1877), a miúdo de tema fantástico, que el cualifica como romanetta (termo que conseguiu introducir no país).

    VER O DETALLE DO TERMO