Abesentado
Abesentado
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que tivo a súa casa orixinaria na Coruña e que presenta como variante gráfica Abesantado. Relacionados con esta caste están tamén os apelidos Abesantar e Abesentar. As súas armas levan, sobre campo de goles, escudo con cinco bezantes.