Abesedo
Abesedo
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que tivo a súa casa orixinaria en Ferrol. Presenta a variante gráfica Abisedo. Relacionado con esta caste está tamén o apelido Abiseiro. As súas armas levan, sobre campo de azur, un moucho.