"Boado" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 19.
-
-
Que efectúa o pagamento dunha cantidade.
-
Que demostra a existencia de algo.
-
-
-
de azamboarse.
-
De cor moura. Aplícase especialmente a unha parte do corpo ou a unha froita mazada como consecuencia dun golpe.
-
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Montouto e no palacio-fortaleza de Melide. Tamén tiveron casas en Cormes (partido de Becerreá), Franza (partido de Pontedeume), Armuño, etc. As súas armas levan escudo partido: primeira partición, en campo de ouro, con tres paos de goles; segunda partición, en campo de ouro, cun león coroado da súa cor natural. Outra variante ten: escudo coa furna do Apóstolo Santiago, e tras dela a cruz de Santiago, cargada dunha estrela de seis puntas na intersección dos brazos, sobre campo de prata. Os Sánchez Boado ostentan escudo acuartelado: primeiro cuartel, de azul, cun brazo armado empuñando unha espada denuda; segundo cuartel, de prata, cun pendón de goles en banda, cargado de dous cascos, e tres tambores xunto a tres arcabuces de prata; terceiro cuartel, de goles, cun castelo de prata, e saíndo das súas ameas unha muller sostendo na man destra unha bandeira branca; cuarto cuartel, de ouro, cunha aguia de sable e tres lises, de azul, no xefe.
-
GALICIA
Militar e escritor. Publicou varias obras dedicadas ao estudo das armas, entre as que destacan Los fusiles Mauser adoptados en Europa y América (1894), El fusil Mauser español modelo 1893 (1897) e El acero y la fabricación de fusiles (1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Franciscano. Foi maxistral de Lugo e de Santiago de Compostela, reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1656) e administrador do Gran Hospital Real (1664-1670). Foi elixido bispo de Valladolid e ingresou como franciscano en san Lorenzo de Santiago o 13 de decembro de 1670, días antes de morrer. É autor da elexía dedicada a Filipe IV titulada Oración fúnebre en las exequias que la majestad de nuestro rey y señor Felipe IV el Grande hizo la Santa Apostólica Iglesia del Señor Santiago, único y singular Patrón de las Españas (1666).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Doutor en Leis. Participou no pronunciamento constitucional coruñés de 1820 e foi nomeado xefe político dos distritos de Tui e Ourense, e posteriormente da provincia de Ourense (1822). Fundou o Boletín Oficial de Ourense, de tendencia liberal. En 1823 marchou exiliado a Porto. Publicou Diálogo entre dos labradores gallegos afligidos y un abogado instruído, despreocupado y compasivo. Cuaderno primero al cual seguirá el segundo. Contiene las principales disposiciones eclesiásticas y civiles, relativas a lo que comunmente se llaman derechos de estola y pie de altar (1823). Trátase dunha obra bilingüe, na que os labregos falan en galego e o avogado en castelán. Morreu durante o incendio dun barco que o trasladaba de volta a España ou a Inglaterra.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa da freguesía anexa á parroquia de Mogarde, no concello de Xinzo de Limia. De traza románica, a súa portada presenta unha arquivolta apuntada de inicios do gótico.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arqueólogo. Doutor en Xeografía e Historia, foi profesor da Universidade de Santiago de Compostela (1984-2001), onde dirixiu o grupo de investigación en Arqueoloxía da Paisaxe e o laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais. Ademais, desde o ano 2001 foi profesor investigador do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento e dende 2003 é Coordinador Científico-técnico da Área de Humanidades e Ciencias Sociais. Centrou o seu estudo na arqueoloxía da paisaxe, na arquitectura megalítica, na teoría arqueolóxica e nas metodoloxías para a xestión do patrimonio arqueolóxico. Colaborou, entre outras, nas revistas Gallaecia e Cuadernos de Estudios Gallegos.
VER O DETALLE DO TERMO
Foi coautor, entre outros libros, de La cerámica campaniforme en Galicia (1982), La cultura megalítica de la provincia de la Coruña y sus relaciones con el marco natural:... -
PERSOEIRO
Pintora. A súa infancia transcorreu en Curtis ata que en 1939 se trasladou á Coruña, onde comezou a debuxar e pintar da man de Dolores Díaz Baliño. As súas primeiras obras foron retratos, paisaxes e naturezas mortas realizadas coa técnica da acuarela. En 1950 fixo a súa primeira exposición e en 1952, tralo seu casamento co xornalista Celso Collazo, trasladouse a Madrid, onde estudiou no Círculo de Bellas Artes e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Ampliou a súa formación coas bolsas do ministerio de Educación Nacional (1954) e da Fundació Joan March (1959) e viaxou a Italia. Influenciada pola Escuela de Madrid, centrouse na paisaxe e, en concreto, na galega, tanto rural coma mariñeira. Ademais realizou tipoloxías populares e temas aldeáns, retratos e pequenas escenas portuarias. Nas súas primeiras obras empregou a acuarela, despois traballou o óleo. A súa pintura caracterizouse pola sinxeleza, por unha linguaxe elemental, na que utilizou cores vermellas, azuis e amarelas de...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de despoboar ou despoboarse.
-
Lugar que non está poboado.
-
-
GALICIA
Poetisa. Na súa obra reflicte algúns temas como a vida, a familia, a natureza e a amizade, sempre desde un punto de vista próximo á relixión. Colaboradora de El Álbum de la Caridad, El Almanaque Gallego e El Ángel del Hogar, escribiu Cantos de la infancia (1865), con prólogo de Manuel Murguía; Devocionario infantil (1867), dedicado ao príncipe de Asturias Afonso XII; e Horas perdidas (1874), en que inclúe diversas composicións de temática relixiosa. Foi galardoada con accésit en diversos certames literarios de Lleida e co loureiro de ouro nos Xogos Florais de Zaragoza (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista, pai de Leandro Pita Romero. Foi o fundador, principal promotor e presidente da Federación Agraria de Ortigueira (1920-1926). Contribuíu a divulgar a obra socio-educativa das Sociedades Gallegas de Instrución establecidas en América e fundou e presidiu a Agrupación Cultural de Ortigueira (1916). Publicou El batallón literario (1895) e La voz de la Raza. Idearium de un aldeano (1919). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de poboar.
-
Pequena entidade de poboación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen poboa.
-
PERSOEIRO
Rei de Portugal (1185 1211), fillo de Afonso I Henriques. Asinou un tratado cos casteláns e aragoneses (1197), que tivo como consecuencia unha penetración portuguesa en terras do Reino de León, en Tui e Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta un número de habitantes excesivo.
-
-
Plataforma feita con táboas, xeralmente elevada e situada nun lugar público, en que ten lugar un espectáculo ou un acto solemne.
-
Tabique feito de táboas unidas polo canto.
-
Plataforma elevada a unha certa altura do chan onde se executa o condenado.
-