"Bonifaç" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
PERSOEIRO
Político brasileiro. Logo de se trasladar a Portugal, converteuse en 1812 en secretario vitalicio da Academia das Ciencias de Lisboa. De volta ao Brasil, Pedro I nomeouno Ministro (1821-1823) e cando abdicou (1831) designouno titor de seu fillo, Pedro II.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Bonifás Familia de escultores activos en Catalunya durante os ss XVII e XVIII. Lluís Bonifaç o vell (Marsella ? - Riudoms 1696), estableceuse en Barcelona xunto co seu pai Francisco. É o autor do sant Pau do patio da Casa da Convalescéncia (1678) e das imaxes do retablo de Santa Magdalena da Catedral de Barcelona (1688). O seu fillo Lluís Bonifaç i Sastre (Barcelona 1683 - Valls 1765), coñecido como Bonifaci, foi discípulo de Llàtzer Tramulles o maior, tesoureiro da confraría de escultores de Barcelona. É autor de numerosos retablos entre os que destaca o de sant Marc en Valls. O seu fillo Baltasar Bonifaç i Anglés (Valls 1709-1747) foi escultor e pintor. Lluís Bonifaç i Massó (Valls 1730 - 1786), fillo do anterior, foi académico de mérito da Academia de San Fernando, moi destacado no Barroco. Entre as obras conservadas salientan a figura xacente de sant...
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Bonifaz de Genua Trobador do que se conservan dezanove textos que se insiren no lirismo provenzal e dous en lingua galego-portuguesa. Malia non existir ningún tipo de documentación que proporcione datos da súa vida, a crítica especializada identifícao co xenovés Bonifaci Calvo que estivo na corte castelá de Afonso X o Sabio nos primeiros anos do seu reinado e que chegou á Península Ibérica co embaixador Nicolao Calvo, diplomático coñecido porque en 1251 conseguiu que o Rei Fernando III consentise o asentamento dunha colonia de xenoveses en Sevilla. Esta identificación vén confirmada por algunhas das composicións transmitidas nos cancioneiros provenzais: en catro dos seus poemas menciona con eloxio a figura de Afonso X e, ademais, na corte deste Rei escribe, entre 1253 e 1254, tres sirventeses que teñen como tema os asuntos políticos do monarca con Navarra e Gascoña. Da relación do trobador coa lírica galego-portuguesa dan conta unha serie de feitos. En primeiro...
-
PERSOEIRO
Trobador occitano. Señor de Castellana (Bonifaci VI) e un dos máis poderosos nobres occitanos. Escribiu tres sirventeses contra Carlos de Anjou entre o 1250 e o 1262. Neste mesmo ano (1262) promoveu unha revolta contra o dominio francés.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome masculino procedente do latín Bonifacius, derivado de bonum facio ‘fago ben’; xa que logo, ‘benfeitor’. Algúns investigadores din, pola contra, que procede de Bonifatius, nome derivado de bonum fatum ‘bo fado, bo destino’. San Bonifacio de Maguncia (672-754), o apóstolo da Xermania, foi arcebispo de Utrecht e Maguncia; e san Bonifacio de Tarso (s III) foi, segundo a Lenda dourada, martirizado e decapitado nesta cidade asiática baixo Diocleciano (300), ao ser denunciado por cristián logo de ter mantido relacións cunha dama nobre. Nove papas levaron tamén este nome, desde Bonifacio I (418-422) a Bonifacio IX (1389-1404), inda que só un deles, Bonifacio IV (608-615), chegou a santo. A festa de san Bonifacio de Maguncia celébrase o 5 de xuño. A reforma litúrxica posterior ao concilio Vaticano II eliminou un san Bonifacio, que se celebraba o 14 de maio, do calendario litúrxico universal.
-
PERSOEIRO
Monxe bieito, bispo e misioneiro, chamado o apóstolo de Alemaña. No ano 719 mudou o verdadeiro nome, Winfrith, polo latino de Bonifatius. No 722 foi nomeado bispo de Turinxia. É patrón de Alemaña, sobre todo das cidades de Maguncia, Fulda e Erfurt. En Holanda considérano patrón de Utrech e apóstolo do pobo frisón. O Papa Gregorio III consagrouno vicario episcopal de toda Xermania e no 745 foi nomeado arcebispo de Maguncia. Morreu asasinado polos pagáns frisóns nunha das campañas de evanxelización. Fundou o mosteiro de Fulda, onde está enterrado. Foi canonizado en 1874 e a súa festa celébrase o 5 de xuño. Na iconografía leva vestidura de bispo con mitra e cruz e, como atributos persoais, un evanxeliario atravesado por unha espada ou un machado cravado no tronco dunha árbore.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (530-532). Elixido polo partido filogótico. Aprobou o segundo Concilio de Orange, que puxo fin á controversia do pelaxianismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (19.2.607-12.11.607) Elixido no 606 non puido ocupar o solio pontificio ata que regresou de Constantinopla. Durante o seu pontificado determinou as regras da elección pontificia, prohibindo a campaña electoral durante a vida do Papa, e prohibindo que ningún bispo foxe canónico sen a confirmación da Santa Sé.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (608-615). Recibiu de Focas, Emperador de Oriente, o Panteón de Agripa e o transformou en igrexa cristiá co nome de Santa María dos Mártires. Foi canonizado e a súa festa celébrase o 25 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (619-625). Dedicouse á propagación do Cristianismo en Inglaterra. Converteu en lei o costume de non apresar os criminais cando se refuxiasen nunha igrexa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1294-1303), de nome Benedetto Gaetani. De formación xurídica, efectuou importantes contribucións ao Dereito canónico con obras como o Liber Sextus, no que analiza os avances neste eido desde 1234. Enfrontouse ás monarquías inglesa e francesa ao defender a teocracia pontificia, tanto no espiritual como no secular. Reflexo destas teorías é a proclamación das súas bulas Clericis Laicos (1296), nas que defende a necesidade do asentimento pontificio para a imposición de tributos eclesiásticos, e Unam Sanctam (1302), onde defendía criterios teocráticos, motivada pola detención dun bispo francés por Filipe IV, Rei de Francia, ao que ameazou coa excomuñón. O Rei francés mandou apresar ao Papa, que foi maltratado, morrendo pouco máis tarde.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Canle situada entre a punta de Pertusato (Córsega) e as de Testa e Falcona (Sardeña).