"Bonn" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 25.
-
PERSOEIRO
Meteorólogo. Estudiou na Universidade de Oslo, onde se doutorou (1924). Xunto co seu pai, Vilhelm Friman Koren Bjerknes, formulou a teoría da fronte polar (1920). Exerceu como profesor na Universidade de California (1939). Foi pioneiro na análise meteorolóxica mediante a fotografía aérea.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, na beira esquerda do Rin (304.841 h [1998]). Esténdese sobre os outeiros que constitúen o extremo do Macizo Xistoso Renano. O crecemento que experimentou debeuse á súa conversión en capital da República Federal de Alemaña (RFA) despois da Segunda Guerra Mundial; para acoller as funcións capitalinas edificouse un barrio de ministerios e oficinas públicas ao redor do palacio federal, sede do Bundestag (parlamento federal), situado ao S da cidade e á beira do Rin. A maior parte das representacións diplomáticas estranxeiras, así como os altos funcionarios dos organismos da administración, tiñan a súa sede na veciña cidade de Bad Godesberg. A súa actividade industrial ten pouca importancia, aínda que Bonn forma parte dunha das dúas áreas alemanas de concentración da industria téxtil: a que abrangue desde Bonn-Düren-Aquisgrán ata Bielefeld-Münster-Osnabrück, con centro en Krefeld. Ten tamén industria metalúrxica, fábricas de máquinas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo sardo anterior á cultura nuráxica con presenza campaniforme, poboados temporais e armas de pedra e metal. Era unha sociedade de guerreiros pastores seminómades. A datación dos seus restos sitúa a actividade deste grupo ao redor do 1700-1550 a C.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Foi ministro de Educación Nacional do goberno de Vichy (1940). É autor dos ensaios L’enfance (A infancia, 1927) e L’amitié (A amizade, 1929), e de dous volumes sobre viaxes a China.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e litógrafo francés. En 1888 instalouse en París onde estudiou na Académie Julian; alí coñeceu a Denis, Sérusier, e outros con quen constituíu o grupo dos nabis (1889). Na École de Beaux Arts coñeceu a Vuillard. Expuxo no Salon des Indépendants dende 1891 e foi un dos organizadores do Salon d’Automne (1903). Inicialmente cultivou o Impresionismo (Moulin Rouge) para despois decantarse por escenas máis íntimas e pola representación de naturezas mortas, de interiores con vistas, paisaxes e nus femininos. Ilustrou obras de Verlaine, Longus, Octave Mirbeau e André Gide. A súa obra é independente das escolas pitóricas do seu tempo. En 1940 foi elixido membro da Royal Academy. Da súa produción salienta Comedor e Retrato de Ambroise Vollard (1920), La toilette (1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor francés. Foi un dos representantes do academicismo oficial, díscipulo de Federico Madrazo e de Cogniet. Auténtico ditador das artes, impediu que o estado francés aceptase o legado da obra de Toulouse-Lautrec. Foi un bo retratista (Victor Hugo e Renan). Doou a súa colección de arte á súa cidade natal, onde se creou o Museo Bonnat.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor anónimo da escola gótica aragonesa. O seu estilo derivaba do de Jaume Huguet. Realizou o retablo de san Martín conservado no museo Bonnat (Baiona, Francia) de onde procede o seu nome. Atribúeselle unha predela con escenas da Paixón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta francés. A súa poesía é un intento de ruptura coa tradición superrealista. Publicou Du mouvement de l’immobilité de Douve (Sobre o movemento da inmobilidade de Douve, 1953), Pierre écrite (Pedra escrita, 1959), Entretiens sur la poésie (Entretementos sobre a poesía, 1990) e Début et fin de la neige (Inicio e fin da nevada, 1991). Cultivou tamén o ensaio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e novelista danés. Situado na corrente expresionista, escribiu Adfaltens Sange (Cantos do asfalto, 1918) e Lokomotivet (A locomotora, 1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás bonnemaisoniáceas.
-
Alga da orde das bonnemaisoniáceas.
-
Orde de algas da subclase das florideofíceas que comprende especies de clico trixénico, con tetrasporófitos de aspecto moi diferente aos gametófitos, notables pola presenza de células secretoras de iodo.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación do observatorio da Universidade de Bonn (1859-1863) baixo a dirección de Friedrich Wilhelm Argelander. Consta dun catálogo que indica a magnitude de máis de 324.000 estrelas do hemisferio norte e dun atlas de 40 láminas coa posición das estrelas. O Cordoba Durchmusterung, que se ocupa do hemisferio sur, completa o BD.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista e filósofo. Descubriu (1740) a existencia da partenoxénese nos animais, concretamente nos áfidos. Estudiou tamén a rexeneración da hidra de auga doce e doutros invertebrados. Unha enfermidade da vista impediulle utilizar o microscopio e ocupouse de problemas de fisioloxía vexetal ata que, polo ano 1745, abandonou toda investigación e dedicouse unicamente á especulación filosófica. Afirmou a importancia da sensación como fundamento da vida psíquica, pero admitía a intervención activa do espírito na transformación das sensacións (palinxenesia). As súas obras máis importantes son Traité d’insectologie (Tratado de insectoloxía, 1745), Essai analytique sur les facultés de l’âme (Ensaio analítico sobre as facultades da alma, 1760) e La palingénésie philosophique (A palinxenesia filosófica, 1760).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático francés. Foi catedrático de Astronomía Matemática na Sorbonne e membro da Académie des Sciences. Investigou nos campos da Mecánica e da Xeometría pura. É o autor de diversas memorias publicadas no Journal des Mathématiques.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Teorema referido a unha función real f de dúas variantes reais, f: R2-> R, que afirma que se existen as derivadas primeiras nun contorno U dun punto, e existen en U as derivadas segundas e son continuas no mesmo punto, entón cúmprese que
FORMULA
A simplificación da hipótese constitúe o teorema de Schwarz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico suízo. É autor de Sepulchretum anatomicum (Cemiterio anatómico, 1679), onde recolleu o maior número de observacións de Anatomía Patolóxica publicadas ata o momento.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción norteamericana da década dos anos 60 dirixida por Arthur Penn e interpretada por Faye Dunaway, Warren Beatty, Michael J. Polland, Gene Hackman e Estelle Parsons. Trátase dun filme de gángsters ambientado na depresión económica americana dos anos 30. Os dous protagonistas son unha parella nova de atracadores que mesturan o romanticismo, o sexo e a violencia nunha sociedade que consideran inxusta e que se lles opón perseguíndoos. A acción transcorre ao longo dun itinerario no que se observa certa evolución nos protagonistas cun fin tráxico.
-
PERSOEIRO
Botánico. Profesor de Botánica da Sorbonne (1887). Fundou a Revue générale de Botanique (1889) e o laboratorio de Bioloxía Vexetal do bosque de Fontainebleau. É autor de traballos sobre a adaptación das plantas á vida en diferentes altitudes e sobre liques, como Élements de botanique (Elementos de Botánica, 1889), Nouvelle Flore de la France pour la détermination facile des plantes (Nova flora de Francia para a determinación doada das plantas, 1887), en colaboración con Georges de Layen, e dunha extensa Flore complète illustrée en couleurs de France, Suisse et Belgique (Flora completa e ilustrada a cor de Francia, Suíza e Bélxica, 1911-1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director escénico e profesor de Arte Dramática. Foi director da Real Escuela Superior de Arte Dramático (1968-1970), do Institut del Teatre (1971-1980) e do Centre Dramàtic da Generalitat de Catalunya (1982-1988). Desde 1988 é profesor do Institut del Teatre. Como director escénico destacou coa obra La gavina (A gaivota), de Čekhov.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Étienne Bonnot de Condillac.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gabriel Bonnot de Mably.