"Borgoña" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 30.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de diversas entidades xeográficas, políticas e administrativas que se sucederon dentro da área xeral dos vales do Rhône superior e do Saône, penetrando dabondo, con diferente profundidade, dentro da conca do Sena e estendéndose ocasionalmente polo Rôhne abaixo ata o mar, ou ao pé mesmo dos Alpes ata penetrar nas concas do Rin e do Po. É unha rexión na que se distinguen diversas áreas: a setentrional, denominada Baixa Borgoña, drenada polos ríos Yonne e Armançon; a occidental, que se estende sobre unha parte do macizo do Morvan; a área oriental ou Alta Borgoña, que descende ata as terrazas do río Saône; e a meridional, onde se atopa a rexión industrial de Montceau-les-Mines e Le Creusot. Co nome xenérico Borgoña desígnanse os diversos viños producidos no NO francés, na Alta Borgoña (Côte d’Or), na Baixa Borgoña (Chablis, Irancy), no Mâconnais e no Beaujolais, e que están protexidos por un complexo sistema de Denominación de Orixe (tanto se aplica a unha comarca...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga provincia de Francia, limitada ao N por Champagne, ao O polo Nivernés e o Borbonés, ao S polo Lionés e a Bresse, e ao L por Savoia e o Franco Condado.
-
REXIÓNS
Rexión administrativa de Francia que abrangue os departamentos de Ariège, Côte d’Or, Nièvre, Saône-et-Loire e Yonne (31.582 km2; 1.623.900 h [estim 1995]). A capital é Dijon.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Casa ducal que foi rexida por tres dinastías sucesivas: a primeira, inaugurada por Ricardo o Xusticeiro, conde de Autun, reinou dende o 877 ata o 943; a segunda, dos robertianos e capetianos, orixinou a primeira dinastía real portuguesa ao casar Enrique coa filla de Afonso VI, que lle outorgou o condado de Galicia (1090), do que se escindiu o condado de Portugal, e que durou dende o 943 ata 1361. En 1363 o Rei Xoán II creou o Ducado de Borgoña para o seu fillo Filipe II o Ousado, quen iniciou a terceira dinastía, a dos Valois, que durou ata a morte de Carlos I o Temerario (1477). O monarca francés confiscoulle o ducado a María, filla do último duque e muller de Maximiliano I de Austria. Os sucesores, os reis de España, continuaron titulándose duques de Borgoña. O título foi incorporado definitivamente á coroa francesa por Luís XIV e, dende o 1682, empregárono os primoxénitos do delfín de Francia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canal de Francia que enlaza as concas do Sena e do Saône, construído entre 1775 e 1832. Esténdese dende a confluencia do Armançon e do Yonne, afluente do Sena, seguindo o curso do Armançon e despois o do río Ouche. Pasa por Dijon e desemboca no Saône, en Saint-Jean-de-Losne. Ten unha lonxitude total de 242 km.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Círculo formado polo Franco Condado e as provincias dos Países Baixos (Brabante, Limburg, Luxemburgo, Flandres, Artois, Hainaut, Holanda, Zelanda, Namur, Anveres, Frisia, entre outras). É a zona do ducado de Borgoña que, trala morte de Carlos o Temerario (1477), quedou baixo a soberanía dos Habsburgo. O círculo acadou entidade xurídica no 1512, na dieta de Colonia, onde o Imperio foi dividido en dous círculos. En 1551 Carlos V cedeuno á rama austríaca española.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Philippe Biguerny.
-
PERSOEIRO
Pintor. Exerceu a súa obra artística a partir de 1494, sobre todo en Toledo. Trala morte de Pedro Berruguete rematou o retablo maior da catedral de Ávila (1508). Na catedral de Toledo traballou na decoración da sala capitular (1509-1511); para a capela mozárabe pintou La conquista de Orán (1514). A súa obra representa a transición entre o Gótico e o Renacemento. Realizou encargos tamén para o cardeal Cisneros na Universidad de Alcalá de Henares.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Depresión de Francia situada entre os Vosgos e o Jura, paso estratéxico entre os vales do Rin e do Saôna. Por este paso construíronse as vías de comunicación (estradas, ferrocarril, canle Rin-Rhône) que unen eses dous vales.
-
PERSOEIRO
Raíña de Francia, filla de Otón IV, conde de Borgoña. Casou con Carlos IV de Francia. Acusada de adulterio, foi repudiada en 1322 e retirouse a unha abadía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Temerario (Dijon 1433 - Nancy 1477) Duque de Borgoña (1467-1477), fillo e sucesor de Filipe o Bo e de Isabel de Portugal. Participou na Liga do Ben Público contra Luís XI de Francia e, a través do Tratado de Conflans (1465), conseguiu a vila de Somme e o protectorado borgoñón de Liexa e, polo Tratado de Péronne (1468), acadou a exención de Flandres da xurisdición do Parlamento de París. A rivalidade con Luís XI, sen embargo, proseguiu cunha serie de accións bélicas separadas por treguas. Non conseguiu do Emperador Federico III a concesión da dignidade real, malia que dominou un vasto territorio que foi incrementando durante a súa vida. Sexismundo, duque de Austria, declaróuselle vasalo e polo Tratado de Saint-Omer de 1469 entregoulle a Alta Alsacia, Sundgau e o condado de Pfirt. Renato de Lorena tivo que cederlle diversas prazas fortes en 1473. Tamén incorporou ao estado borgoñón o ducado de Gelderland e o de Zutphen (1473). Axudou o arcebispo Ruprecht de Colonia...
-
PERSOEIRO
Raíña de León e Castela, filla do duque Roberto de Borgoña. Casou con Hugo II, conde de Chalons-sur-Saône, e colaborou no goberno axudando os monxes de Cluny ata que enviuvou. En 1080 casou en segundas nupcias con Afonso VI. Influíu na política do seu marido, conseguiu privilexios para os monxes de Cluny e impulsou a loita contra os musulmáns.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Besançon e de Portugal, fillo do duque Enrique de Borgoña. Acudiu á Península Ibérica xunto con outros cruzados francos e normandos para participar nas loitas de Afonso VI de Castela contra os almorábides. Destacou nas conquistas de Coimbra, Santarém e Toledo (1085) e, en recoñecemento polas súas actuacións, recibiu a man de Tareixa (1095), filla ilexítima do monarca, e como dote os territorios comprendidos entre os ríos Miño e Texo, baixo a modalidade de iure hereditario. En 1097 converteuse en conde de Portugal e, baixo o seu goberno, o territorio adquiriu un carácter autónomo. Obtivo de Roma a elevación de Braga a sé do arcebispado. Enfrontouse cos almorábides que lle arrebataron Lisboa (1094) e Santarém (1111). Ao morrer Afonso VI (1109) aproveitou as loitas dinásticas no reinado de Urraca de Castela e León e declarouse soberano independente. Apoiou a raíña contra Afonso I o Batallador, aspirante ao trono, pero tratando de asegurar a independencia do seu condado....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Borgoña (1349-1361) e conde de Artois (1345-1361). Coñecido como Filipe de Rouvres, gobernou baixo a tutela da súa nai e do segundo marido desta, que lle deixou á súa morte (1360) os condados de Boulogne e Auvernia. Morreu sen herdeiros polo que os seus territorios foron distribuídos entre Filipe II o Atrevido, que recibiu Borgoña; Margarida de Flandres, que recibiu Artois; e Xoán de Boulogne, que recibiu os condados de Boulogne e Auvernia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Borgoña (1363-1404) e conde de Artois, Borgoña, Flandres, Nevers, Rethel (1384-1404) e de Charolais (1390-1404). Feito prisioneiro na Batalla de Poitiers (1356), foi trasladado a Inglaterra, onde permaneceu ata 1360. Casado con Margarida de Flandres (1369), herdou do seu sogro o Franco Condado e Artois e, trala morte do seu irmán, Carlos V de Francia (1380), sucedeuno como rexente do futuro Carlos VI. Enfrontouse ao seu sobriño Luís de Orleans polo ducado de Luxemburgo (1402).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Borgoña (1419-1467) e conde de Flandres. Polo Tratado de Troyes (1420) recoñeceu a Enrique V de Inglaterra como rexente e herdeiro do trono francés, pero despois do Tratado de Arras (1435) recoñeceu a Carlos VII como rei de Francia. Casou primeiro con Micaela de Francia (1409), que lle achegou como dote as cidades de Somme e Boulonnais e gran parte da Picardia, e despois con Bona de Artois (1424) e con Isabel de Portugal (1430). Durante o seu goberno aumentou as súas posesións territoriais e asumiu a administración dos Países Baixos. A prosperidade económica permitiulle favorecer as artes e as letras. Foi o fundador da Orde do Vélaro de Ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enrique de Borgoña.
-
PERSOEIRO
Rei franco de Austrasia (575-596?) e de Borgoña e Orléans (592?-596?), fillo do Rei Sixeberto I e Bruniquilda. Foi adoptado polo seu tío, o Rei Guntram I de Borgoña-Orléans, co que loitou contra Khilperico I de Neustria-Soissons. Ao morrer Guntram I (592?), herdou os reinos de Borgoña e Orléans e unha parte do de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei franco de Neustria e de Borgoña (695-711), fillo de Teodorico III de Borgoña-Neustria-Austria e Clotilde. Sucedeu o seu irmán Clodoveo III, pero foi un rei nominal baixo o goberno do mordomo do palacio Pipino de Héristal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei franco de Austrasia (663-675) e Neustria e Borgoña (673-675), fillo de Clodoveo II e Batilda. En 673 apoderouse dos reinos de Neustria e Borgoña, e reconstituíu a unidade do reino dos francos. Morreu asasinado por un nobre.
VER O DETALLE DO TERMO