Borgoña

Borgoña

Casa ducal que foi rexida por tres dinastías sucesivas: a primeira, inaugurada por Ricardo o Xusticeiro, conde de Autun, reinou dende o 877 ata o 943; a segunda, dos robertianos e capetianos, orixinou a primeira dinastía real portuguesa ao casar Enrique coa filla de Afonso VI, que lle outorgou o condado de Galicia (1090), do que se escindiu o condado de Portugal, e que durou dende o 943 ata 1361. En 1363 o Rei Xoán II creou o Ducado de Borgoña para o seu fillo Filipe II o Ousado, quen iniciou a terceira dinastía, a dos Valois, que durou ata a morte de Carlos I o Temerario (1477). O monarca francés confiscoulle o ducado a María, filla do último duque e muller de Maximiliano I de Austria. Os sucesores, os reis de España, continuaron titulándose duques de Borgoña. O título foi incorporado definitivamente á coroa francesa por Luís XIV e, dende o 1682, empregárono os primoxénitos do delfín de Francia.