"Borja" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • ou Borgia Familia probablemente oriúnda de Borja (Aragón), establecida en Xàtiva, que adquiriu unha grande importancia na vida política de Italia e da Igrexa romana durante os ss XV e XVI. Dous dos seus membros foron papas: Afonso de Borja (Calisto III 1456-1458) e Rodrigo de Borja (Alexandre VI, 1492-1503). O apelido Borja (a miúdo italianizado en Borgia) aparece vinculado a bastantes cardeais da época, a moitos bispos e a un santo, Francisco de Borja e Aragón, xeneral dos xesuítas. A historia dos Borja, e en especial a de Alexandre VI e a dos seus fillos, suxeriu unha copiosa bibliografía, que con frecuencia responde a intencións polémicas e xira ao redor dunha serie de acusacións que converten os Borja en tipos dunha truculencia excepcional. Cómpre buscar as orixes desta mala fama na hostilidade dos clans eclesiásticos italianos, que rexeitaban un papa estranxeiro, no odio dos señores feudais e das repúblicas ante as campañas militares de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade Central de Ecuador. Líder de Esquerda Democrática, partido de tendencia socialdemócrata que fundou en 1977, foi Presidente da República entre 1988 e 1992. En 1997 publicou Enciclopedia de la política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano, coñecida como Lucrecia Bori. Formouse en València e Roma. Debutou,   tamén en Roma, en 1908 coa ópera Carmen, e catro anos máis tarde no Metropolitan Opera House de Nova York con Manon Lescaut. Co tempo converteuse en primeira figura desta institución americana e dende 1936 pertenceu ao seu consello directivo. Tamén interpretou Der Rosenkavalier, co mesmo R. Strauss, en Milán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calisto III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal, duque de Valentinois. Fillo do cardeal Rodrigo de Borja, despois Papa Alexandre VI, e de dona Vannozza Catanei. Inicialmente destinado á carreira eclesiástica, por mor das influencias do seu pai obtivo diversas prebendas importantes. En 1492 Alexandre VI nomeouno arcebispo de València e, ao ano seguinte, cardeal. Á morte do seu irmán Xoán, segundo duque de Gandía, renunciou ás dignidades clericais e reintegrouse no estado secular. Xestionou a alianza de Alexandre VI con Luís XII de Francia, e recibiu deste Rei o título de duque de Valentinois e o casamento con Carlota d’Albret, irmá do Rei consorte de Navarra. Conquistou a Romaña, territorio pontificio que estaba en mans dos grandes señores. Morreu nun incidente no asedio de Viana (Navarra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e xornalista. Estudiou Humanidades na Universidad del Valle (Cali) e Fotografía no Photojournalism de Toronto (Canadá) en 1976. Traballou como fotógrafo para o xornal El Popular de Toronto, na Faulkner Color Lab e na Gamma Photo de San Francisco. Tamén nas revistas Segundamano, Stanford University Humanities Review, The San Francisco Bay Guardian e no suplemento literario Voces do xornal Horizontes, todas elas publicacións de San Francisco. Participou no filme canadense Don´t be afraid (Non lle deas importancia, 1980) como asistente de produción; na exposición colectiva Contactos, realizada no San Francisco Mission Cultural Center en 1991 e foi co-fundador da axencia fotográfica Nexo. Publicou o catálogo titulado Si somos la misma cosa, unha tradución ao español de To the Promised Land (Á terra prometida, 1989) do fotógrafo norteamericano Ken Light e, xunto con Víctor Toro, o libro Voces de Ultramar (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Modena, Ferrara e Reggio. Filla do cardeal Rodrigo de Borja, despois Papa Alexandre VI, e de dona Vannozza Cattanei. Ao converterse en Pontífice, o seu pai pensou en utilizar a Lucrecia como instrumento da política vaticana e, na necesidade de reforzar a súa alianza coa familia Sforza, fixo que casara (1493) con Giovanni Sforza, señor de Pesaro. Posteriormente, volveu casar en dúas ocasións. Durante a súa vida na corte de Roma, conseguiu unha vida social sen precedentes: administraba o estado do Vaticano en ausencia do Papa (1500). O seu nome apareceu sempre ligado a episodios sinistros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alexandre VI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Estudiou dereito nas universidades de Madrid e Barcelona (1840), e participou nunha das fallidas insurreccións de Prim, polo que se exiliou en Francia. Regresou a Cuba en 1844, onde exerceu como avogado; alí participou na rebelión independentista de Las Pozas en 1852. O 11 de outubro de 1868 proclamou a independencia de Cuba logo de redactar o seu Manifiesto de la Junta Revolucionaria de Cuba, coñecido como Grito de Yara. Aclamado presidente provisional pola Asemblea Constituínte no 1869, aprobou unha Constitución que abolía a escravitude. Debilitado o movemento polas divisións internas, foi destituído nunha reunión de deputados en outubro de 1873. Refuxiouse na localidade de San Lorenzo, onde se suicidou para evitar que o capturasen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, primeiro marqués de Llombai e duque de Gandía, fillo de Xoán de Borja e Enríquez e de Xoana de Aragón. Foi nomeado lugartenente de Catalunya (1539) e, en Barcelona, coñeceu os primeiros xesuítas. Morto o seu pai (1542), herdou o ducado de Gandía. Instalado nesta cidade, fundou o primeiro colexio de xesuítas do mundo. Doutorado en Teoloxía en Gandía (1550), marchou a Roma. Prepósito xeneral dos xesuítas (1565-1572), creou numerosos colexios en Europa e iniciou as misións de Florida, Perú e México. O papa nomeuno cardeal pero non aceptou. Foi beatificado por Urbano VIII en 1624 e canonizado por Inocencio X en 1671. Na iconografía viste co hábito dos xesuítas e leva, como atributos, o capelo de cardeal ou a coroa ducal no chan, amais dunha custodia e un cranio. A súa festividade celébrase o 3 de outubro (antes da reforma do calendario litúrxico, o 10 de outubro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Valido de Filipe III (1598-1618), quinto marqués de Dénia, conde e duque de Lerma, conde de Ampudia (1602-1625), grande de España e cardeal (1618-1625), fillo do cuarto marqués de Dénia. Xentilhome da cámara de Filipe II, foi nomeado vicerrei de València (1595-1597). Trala morte do monarca (1598), Filipe III confioulle todos os asuntos de Estado, co que se iniciou o réxime de validos dos Austrias. A súa política interior estivo dirixida ao enriquecemento e engrandecemento persoal, para o que creou unha importante rede de clientelismo mediante a venda de títulos e favores. Foi tamén o artífice da expulsión dos mouriscos (1609-1610) e da política pacifista do monarca, que levou a Castela a asinar a paz con Francia (1601), Inglaterra (1605) e os Países Baixos (Tregua dos Doce Anos). Os escándalos financeiros e a crecente oposición dentro da corte, liderada polo seu fillo, a Raíña Margarida e o confesor real, Luis de Aliaga, precipitou a súa caída (1618). Tras abandonar a corte foi elixido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista. Con doce anos incorpórase á canteira do Real Club Celta de Vigo co que na temporada de 1996/97 asina un contrato na categoría de cadete. Despois de catro temporadas co Real Club Celta B nas divisións de Terceira e Segunda B, ascende ao primeiro equipo, debutando na Primeira contra o Valencia. En marzo de 2006 debuta na Liga de Campións ante o Arsenal inglés e coa selección española durante a fase de clasificación para a Eurocopa de 2008. Na temporada 2007/08 xogou cedido no Birmingham City, na Premier League pero o contrato foi rescindido e volveu ao Celta antes de finalizar a temporada onde segue xogando e exercendo as labores de capitán. No ano 2006 finalizou a carreira de Empresariais na Universidade de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político, conde de Toreno, fillo de José María Queipo de Llano y Ruiz de Saraiva. Fundou o diario antirrepublicano El Tiempo e, coa Restauración, foi alcalde de Madrid (1874). Foi ministro de Fomento (1875-1879), de Estado (1879-1880), presidente do Congreso de los Diputados (1880 e 1884) e gobernador civil de Madrid (1884). Presidiu a Sociedad Geográfica e foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO