"Bríxida" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Prenome feminino de orixe céltica (Brigit no antigo irlandés). Trátase dun nome persoal pagán, probablemente relacionado co da deusa céltica Brigantia, protectora das artes e das ciencias; o significado de Brigantia parece ser ‘a alta, a excelsa’. Outras fontes relaciónana coa antiga voz céltica briga ‘altura’, ‘elevación’, ‘poboado fortificado nun monte ou outeiro’. Tamén se considera a forma feminina de Bricio. Levan este nome santa Bríxida de Irlanda (s V) e santa Bríxida de Suecia (1303-1373), celebrada o 23 de xullo ou o 8 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Santa nacional de Irlanda que veu substituír a antiga divindade Brigantia, deusa da fertilidade, das artes e da ciencia. Bautizada por un discípulo de san Patricio, fundou o convento de Kildare, onde foi abadesa. Esta santa labrega acadou sona pola súa vaca: repartía entre os mendigos penlas de manteiga que ela mesma facía; un día visitárona tres bispos, e deulles leite a fartar muxindo tres veces no mesmo día a súa única vaca. O seu culto está moi espallado entre os países celtas como Gales, Bretaña armoricana, etc. Os irlandeses asimílana á propia Virxe, de feito é coñecida como a “Señora de Eirín”. En iconografía represéntase con vestiduras de abadesa, hábito branco e veo negro, e, como atributos persoais, leva un cirio na man e unha chama sobre a cabeza; ás veces tamén aparece como unha leiteira batendo a manteiga ou unha labrega coidando dunha vaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora mística sueca de orixe nobre. Fundou unha orde monástica feminina e recibiu o nome da santa irlandesa. Casada con Ulf Gudmarsson (1316), tiveron oito fillos, entre eles santa Caterina de Suecia. Despois dunha famosa peregrinaxe a Compostela, Bríxida e o seu marido decidiron entrar na vida relixiosa. Logo de quedar viúva aos 40 anos entrou nun mosteiro cisterciense, onde tivo visións místicas, descritas no seu libro das Revelacións. Fundou en Vadstena un mosteiro mixto, onde foi abadesa; tiña como insignia cinco pequenas chamas semellando pingas de sangue, símbolo das cinco chagas de Cristo. Todos os venres, en lembranza da paixón de Cristo, deixaba caer na súa man cinco pingas de cera ardente provocando a aparición dunha ferida. Obtivo a aprobación papal da súa orde no 1370 e morreu en Roma despois dunha peregrinación a Terra Santa. É moi venerada en Suecia, onde se converteu na Sibila dos cristiáns. Consíderase patroa dos peregrinos, pois visitou os tres centros principais...

    VER O DETALLE DO TERMO