"Brahmā" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • Divindade, un dos deuses da trindade posvédica, xunto con Vishnu e Siva. Creador do mundo e da personificación mitolóxica do brahman ou Absoluto. Non é unha divindade con moitos fieis. Represéntase con forma de home con catro caras e catro brazos, sentado sobre un loto ou un cisne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filón arqueolóxico do Deccan, República da India, no S de Ballari, onde están estratificadas as culturas máis importantes do bronce e ferro da prehistoria do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e astrónomo indio. Traballou no observatorio de Ujjaen. No seu libro Brāhmasphuasiddhānta aplicou métodos matemáticos á Astronomía e estudiou a resolución de ecuacións determinadas e indeterminadas de primeiro e de segundo grao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    A área do cuadrilátero de lados de lonxitudes a, b, c e d é:

    FORMULAS:

    = Ö(p-a) (p-b) (p-c) (p-d)   onde p = 1/2 (a+b+c+d)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [sánscr: brāhman]

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepto fundamental da metafísica do Hinduísmo co que se designa o Absoluto. Inicialmente designaba pregaria, himno, fórmula máxica e coñecemento sagrado, e chegou a ser un principio cósmico absoluto e universal identificado co paramaātman; converteuse na única realidade, centro de especulación dos Upanishad, obxecto de meditación e fin do progreso intelectual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de obras en prosa que constitúen unha serie de comentarios e ampliacións dos Vedas. Escritos entre o 700 e o 600 a C, conteñen comentarios dos himnos védicos, coa descrición dos rituais dos sacrificios e pregarias. Servían de guía para o ritual dos brahmáns. Deron lugar a unha corrente postvédica, caracterizada por unha evolución cara ao ritualismo e relacionada cun crecemento do poder sacerdotal. Son os escritos en prosa máis antigos dunha lingua indoeuropea, aínda que non teñen mérito literario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos brahmáns ou ás súas doutrinas ou cultos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filosofía e sistema relixioso da India. O termo foi empregado polos primeiros viaxeiros e misioneiros europeos para expresar a influencia da caste sacerdotal dos brahmáns sobre a sociedade. Erroneamente, o termo foi utilizado en Occidente co significado de Hinduísmo. É a relixión de toda a rexión ocupada polos arios. As fontes do Brahmanismo están nos libros sagrados da India: Vedas, textos do coñecemento; Scruti ou textos da revelación; Samhita, colección de himnos; Brahmanas, textos de contido litúrxico ou mitolóxico; e os Upanishad, de carácter filosófico. Os deuses (deva) están xerarquizados; tres deles ocupan lugar preeminente: Brahmā, divindade suprema, pai de todos os deuses, xunto con Visnú e Siva, forman a trimurti ou trindade sagrada. Estes deuses residen no ceo ou no cumio dunha montaña inaccesible (Kailasa, Meru) e o seu comportamento é semellante ao dos homes. O punto esencial da súa filosofía é a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Orissa (India) situada a 14 km da badía de Bengala, ao L dos Ghats orientais, entre a cidade de Cuttack e Vishakhapatnam, no Golfo de Bengala (210.585 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da Asia Meridional. Nace no Tibet (China), nos glaciares da vertente N do Himalaia co nome de Tsangpo. O seu curso adopta nun principio unha dirección O-L, paralela ao eixo axial da cordilleira, que atravesa virando cara ao S ao chegar ás Mishmi Hills, na fronteira chinesa co estado de Arunachal Pradesh, na India. No estado de Assam, tamén na India, unha vez superado o Himalaia, vira de rumbo cara ao O. Aí recibe o nome de Dibāng, e despois na confluencia do Luhit, cámbiao polo de Brahmaputra. Atravesa o estado de Assam e entra en Bangladesh onde vira de novo cara ao S e se une ao Ganxes preto de Dacca. Desemboca no Golfo de Bengala formando un delta enorme, que constitúe unha das áreas máis densamente poboadas do planeta. O seu curso ten un percorrido total de 2.900 km de lonxitude. Drena unha conca de 939.000 km2 de superficie, que chegan a 1.125.000 km2 se se considera tamén a rede do Ganxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico indio. Estudiou as estrelas ananas brancas e determinou a súa masa máxima (límite de Chandrasekhhar) e tamén a do núcleo de helio dunha estrela (límite de Chandrasekhar-Schönberg). Investigou tamén sobre a transferencia de enerxía por radiación e convección ás atmosferas estelares, e a polarización da luz emitida por determinadas estrelas. Recibiu, xunto con W. Fowler, o Premio Nobel de Física en 1983. Entre as súas obras, cómpre destacar An Introdution to the Study of Stellar Struture (Unha introdución ao estudo da estrutura estelar, 1939) e The Mathematical Theory of Black Holes (A teoría matemática dos buracos negros, 1983).

    VER O DETALLE DO TERMO