"Breno" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PERSOEIRO
Xefe galo, que cara ao 390 a C, dirixiu unha tribo de guerreiros celtas, os galos senónicos, na Etruria central e venceu os romanos en Allia, para logo tomar Roma. A paz, negociada despois dun longo asedio, supuxo o pago polos romanos dun tributo de mil libras de ouro. Os romanos queixáronse do emprego de pesos falsos polos galos nas balanzas e Breno, botando a súa espada nunha delas, disque exclamou: Vae vitis (Ai dos vencidos!).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guionista e realizador cinematográfico irlandés establecido en EE UU. Traballou primeiramente como guionista en Hollywood, aló polo ano 1909. Máis tarde continuou a súa carreira como realizador dirixindo a coñecidas estrelas do cine mudo de entón. Acolleu con certo escepticismo a chegada do cine sonoro. Dirixiu, entre outras, The Clown’s Triumph (O triunfo do pallaso, 1912), A Daughter of the Gods (A filla dos deuses, 1916), The Woman with four Faces (A muller con catro caras, 1923), The Great Gatsby (O gran Gatsby, 1926), Living dangerously (Vivindo perigosamente, 1936) e The Flying Squad (A escuadra voadora).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘oficio’.
-
DINASTIAS
Dinastía serbia fundada en 1815 por Miloš I de Serbia. Expulsada do trono polos Karadjordjević (1842), ocupou de novo o poder (1858) ata o asasinato de Alexandre I de Serbia (1903). Ademais, foron membros destacados dela Miguel III de Serbia e Milan I de Serbia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome engadido ao nome dunha persoa, sobre todo para distinguila doutras do mesmo nome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Designar a alguén cun sobrenome.