Breno
Breno
Xefe galo, que cara ao 390 a C, dirixiu unha tribo de guerreiros celtas, os galos senónicos, na Etruria central e venceu os romanos en Allia, para logo tomar Roma. A paz, negociada despois dun longo asedio, supuxo o pago polos romanos dun tributo de mil libras de ouro. Os romanos queixáronse do emprego de pesos falsos polos galos nas balanzas e Breno, botando a súa espada nunha delas, disque exclamou: Vae vitis (Ai dos vencidos!).